Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

4 sesiones de "Contos Confinados" programa el Museo provincial para mayo

A iniciativa pretende manter a actividade lúdica destinada ás crianzas e apoiar ao sector cultural no actual momento de incerteza

O MUSEO PROVINCIAL PROGRAMA CATRO SESIÓNS DE ‘CONTOS CONFINADOS’ VIRTUAIS OS SÁBADOS DO MES DE MAIO

Estarán a cargo de Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e A trastenda dos contos


O Museo Provincial de Pontevedra vai desenvolver no que resta do mes unha nova iniciativa destinada ás e ós máis cativos da casa: unha programación de sesións de contacontos virtuais todos os sábados de maio ás 12:00 horas. As citas correrán a cargo de Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e Felipe Díaz ‘Caxoto’, de A trastenda dos contos.
Segundo explica o director do Museo, Xosé Manuel Rey, a posta en marcha desta proposta ten unha dupla intencionalidade: trátase, por unha banda, de tentar manter aquelas iniciativas que forman parte habitualmente da programación lúdico-cultural que o Museo de Pontevedra dedica ás nenas e nenos e que se poden realizar nun formato diferente ao presencial, utilizando canles como o perfil de Facebook e a páxina web do Museo de Pontevedra. Doutra banda, con esta iniciativa quérese seguir apoiando ao sector cultural na medida do posible nun momento de incerteza como o que se está a vivir. “Trátase de contratar ás e aos narradores nas súas casas e trasladar as súas ‘historias’ aos fogares das nenas e nenos nun formato diferente ao que estamos afeitos”, subliña Rey.

Os encargados destes ‘Contos Confinados’ serán Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e Felipe Díaz ‘Caxoto’, de A trastenda dos contos, que incluirán nas súas propostas narracións, cancións e ata un pequeno obradoiro de debuxo para que as pequenas e pequenos realicen dende os seus domicilios seguindo os vídeos.
As pezas que se publicarán cada sábado foron gravadas polos artistas nas súas propias casas e cos medios dos que dispoñen nelas, facendo un exercicio de adaptación, a todos os niveis, ás novas circunstancias que obrigan a estar confinados a meirande parte do tempo. Ademais, as actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Funcional de Galicia ( XOGA).



Ad Code

Responsive Advertisement