Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo. O alcalde renuncia á metade do seu salario de abril

O alcalde de Vigo renuncia á metade do seu salario de abril para contribuír coas as arcas municipais “que van ter moitas novas necesidades”
Abel Caballero anunciou esta mañá que só cobrará a metade do salario do mes de abril, unha decisión adoptada para cooperar cos novos gastos que ten que afrontar o Concello na loita contra os efectos do Covid-19.
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da súa decisión de renunciar ao 50% do seu salario do mes de abril. Enmarcou esta renuncia como xesto e contribución coas arcas municipais “que van ter moitas novas necesidades”, en referencia ás importantes medidas sociais que o goberno local vén implementando para loitar contra os efectos do coronavirus.
Por outra banda, Caballero lembrou que o luns 13 de abril comezará unha volta paulatina á vida laboral, un momento no que hai que é preciso que empresas e traballadores extremen a protección e que os sindicatos vixíen o estrito cumprimento desas medidas. Amosouse seguro que así se vai facer, pero instou de novo a priorizar a saúde e a que se es establezan todas as garantías sanitarias. Hoxe mesmo, engadiu, conmemoramos o Día Mundial da Saúde, á que hai que prestar especial atención, neste momento de pandemia.

Caballero agradece á Fundación Amancio Ortega e á empresa Caamaño Asia o envío de material de protección
O Concello de Vigo vén de recibir unha segunda entrega de material de seguridade, doado neste caso pola Fundación Amancio Ortega e a empresa Caamaño Asia. Concretamente, o consistorio vigués recibiu 8.096 máscaras e un buzos de protección.
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da chegada de material de protección doado pola Fundación Amancio Ortega e pola empresa Caamaño Asia. Nunha conferencia de prensa telemática, agradeceu “moitísimo” a ambas entidades o envío de 8.096 máscaras, ademais de buzos de protección. Sobre a anterior entrega de material enviado desde a Xunta, Caballero explicou que o Concello está á espera dunha resposta das autoridades sanitarias autonómicas para saber se pode distribuír as 15.000 máscaras caducadas que o Goberno galego fixo chegar ao consistorio vigués días atrás. O rexedor confirmou que este material non se distribuirá en tanto no se reciba contestación con garantías por parte da autoridade competente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o Concello aprobou a concesión de 500 novas becas de comedor para familias que a solicitaron e que o montante de este tipo de achegas xa é de 1.533.
“Non vamos a deixar a ningún sen axuda, non establezo ningún límite de gasto en cobertura social”, apuntou o rexedor nunha videconferencia cos medios de comunicación. Segundo explicou, o total das axudas de emerxencias entregadas polo goberno local xa superan os 3.000 beneficiarios e os 300.000 euros.
Ademais, o alcalde apuntou que no día de onte, luns, realizáronse dúas comisións, unha delas extraordinaria, para aprobar ditas axudas. “Estase a levar a cabo un traballo ímprobo”, sinalou.

Comidas e pavillóns
Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 4.240 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio. Tamén está a pleno rendemento o novo cátering contratado, cun importe de 28.000 euros, para reforzar “a gran labor” que realizan os comedores sociais.
O alcalde insistiu en que o Concello xa ten preparado un novo pavillón para persoas sen fogar e que no Berbés (cun custe de 40.000 euros) houbo a pasada noite un total de 45 persoas, o que unido ao albergue, á Fundación Santa Cruz e aos acollidos en pensións e hostais suman un total de 140 persoas.


Ad Code

Responsive Advertisement