miércoles

Video de la Xunta estimula el consumo de productos del mar

A conselleira do Mar mantivo unha xuntanza por videoconferencia co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e co resto de conselleiros autonómicos do ramo

A XUNTA LANZA UNHA CAMPAÑA PARA ANIMAR Á CIDADANÍA A CONSUMIR PRODUTOS DO MAR EN RESPOSTA AO ESFORZO DO SECTOR EXTRACTIVO DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

  • Esta acción, desenvolvida baixo o lema ‘Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco’, pretende impulsar a demanda e os prezos dos produtos pesqueiros así como recoñecer a entrega e esforzo dos profesionais do mar
  • A Consellería do Mar lembra que preto de 40 lonxas seguen abertas a diario e que arredor de 10.000 profesionais do mar levan a elas unhas 700 toneladas de alimento de calidade para abastecer á sociedade durante o confinamento
  • Rosa Quintana salienta o importante papel da frota na cadea de subministro tendo en conta a situación excepcional que implica o estado de alarma
  • O Executivo galego volve a pedir ao Estado que aclare se o marisqueo é na actualidade unha actividade esencial, que estude a posibilidade dun cese xeral no sector e que facilite o acceso dos afectados ás prestacións correspondentes