Mascarillas gratuitas para los gallegos con menos recursos entregarán en las farmacias

Feijóo destaca que máis de 700.000 galegos se beneficiarán desta medida
A XUNTA DISTRIBUIRÁ DE XEITO GRATUÍTO 2,2 MILLÓNS DE MASCARILLAS NAS FARMACIAS PARA OS GALEGOS CON MENOS RECURSOS 
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Xunta distribuirá de xeito gratuíto 2,2 millóns de mascarillas nas farmacias para os galegos con menos recursos.  Así, subliñou que se poñerá á disposición daqueles que máis o precisan un pack de tres mascarillas cirúrxicas de xeito gratuíto. Ademais, precisou que poderán ser retiradas presentando a tarxeta sanitaria. 
Cómpre salientar que este pack –que poderá recollerse a partir do 11 de maio— será completamente gratuíto para aqueles perceptores de rendas mínimas de inserción ou parados sen prestacións de desemprego, así como para os pensionistas que teñen unha renda anual por debaixo dos 18.000 euros. Feijóo destacou que serán algo más de 700.000 persoas as que se beneficien desta medida.

O presidente da Xunta aproveitou a rolda de prensa para agradecer ao Colexio de Farmacéuticos e a todos os profesionais a súa colaboración que permitirá a distribución deste material sen ningún custe para o Servizo Galego de Saúde nin para o usuario.
Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou que a Xunta leva tempo pedindo un criterio único asistencial no uso de mascarillas. E, nesta mesma liña, incidiu tamén na proposta de reducir o IVE destes produtos, que para a compra dos particulares segue no 21%, así como na necesidade de concretar o contido e alcance das normas para fabricar mascarillas lavables reutilizables.

Nova compra de equipamento e material sanitario 
O presidente da Xunta destacou tamén a aprobación da contratación, polo trámite de emerxencia, de diversos materiais de protección destinados a profesionais e doentes, test de detección do virus e equipamento para facer fronte ao COVID-19.
Entre  o material adquirido están: 50.000 unidades de máscaras FFP2; 150.000 unidades de batas protectoras dun so uso; 3.000.000 máscaras cirúrxicas; uns 2.600.000 pares de luvas; 69.000 unidades de medio de transporte para virus; 640 garrafas de 5L de desinfectante de superficies; 14.000 unidades de test de dobre banda, ademais doutro material de laboratorio e de protección. 
Pola súa banda, tamén informou da compra doutro tipo de material entre o que se atopan ventiladores volumétricos, equipos de ventilación non invasiva ou ecógrafos. Ademais, entre outros, adquiríronse 545 mesas de noite con atril; 69 somieres articulados eléctricos; 69 colchóns hospitalarios e 69 almofadas.