Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Las navieras tienen esperanza en poder llevar viajeros a las Cies y Ons aunque sea en octubre

Os conselleiros de Medio Ambiente e Turismo reuníronse por videoconferencia con representantes das navieiras para abordar a situación derivada da COVID-19
A XUNTA TRABALLA PARA PROLONGAR A TEMPADA ALTA NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ATÉ O 15 DE OUTUBRO
Román Rodríguez avanza que están en marcha as xestións para realizar un pantalán na illa de San Simón que mellorará a accesibilidade a este BIC

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes das navieiras encargadas do transporte regular de visitantes ás illas na que se propuxo a posibilidade de prolongar a tempada alta no conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas até o 15 de outubro, se as directrices do Goberno central así o permiten.
Na reunión, desenvolta a petición das propias navieiras nun clima positivo e construtivo, trasladóuselles o compromiso da Xunta co sector para articular as medidas precisas que sexan viables e axuden a paliar a situación crítica que o sector vén padecendo; harmonizando a actividade turística coa salvagarda dos valores naturais do Parque.

Un mes máis de tempada alta
A tempada de acceso ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas ven regulamentada no Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) deste espazo protexido, no que se establece que a tempada alta coincide co período transcorrido dende o 15 de maio até o 15 de setembro, ambos incluídos, así como a Semana Santa.
Neste caso, a proposta consiste en estender un mes respecto ao período fixado. O que permitiría unha recuperación parcial de ingresos e actividade para estas empresas do sector turístico, coadxuvando a todo o sector que opera nestas áreas da franxa costeira galega. O tema porase en comunicación do Goberno Central aos efectos de que, se o estima, se pronuncie de xeito favorable ou desfavorable, dado que se trata dun espazo natural que goza da categoría de Parque Nacional.

Condicionado ao informe do Estado
De contar con informe positivo, a posibilidade articularíase a través dun acordo no seo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP), de modo que, ante as circunstancias excepcionais motivadas pola crise sanitaria e que teñen impedido o normal desenvolvemento da tempada alta de acceso de visitantes ao Parque Nacional, e non habendo afección para a protección dos valores naturais, se amplíe a tempada alta un mes sobre o período xa establecido.
En calquera caso, a ampliación virá determinada polo proceso de desescalada que fixe o Goberno do Estado, que irá establecendo de xeito progresivo os sectores que poden ir recuperando a súa actividade.

Pantalán en San Simón
Na xuntanza, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou que están en marcha as xestións para realizar un pantalán na illa de San Simón, co que se busca reforzar a seguridade nas manobras de atraque dos barcos e a accesibilidade dos visitantes a este ben de interese cultural (BIC). Trátase dun dos asuntos propostos para debate polos responsables das navieiras e que, neste intre, está en vías de poder acometerse.




 

Ad Code

Responsive Advertisement