Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo : "Galicia no puede avalar" el plan de desescalada presentado por Pedro Sánchez

Feijóo no está de acuerdo con lo que ayer Sánchez anunció. Ve varias cosas confusas, demasiado improvisadas y, desde luego, lo de las demarcaciones provinciales le huele realmente mal... Esta mañana se ha plantado y ha dicho que no comulga Galicia con lo que Moncloa ha dispuesto, por lo que exige aclaraciones y rectificación al menos en parte. Y, de paso, anuncia que pasará por el Parlamento autonómico para seguir siendo presidente que da explicaciones de la gestión de la Pandemia a los grupos políticos allí representados.

Feijóo exige así por parte del Gobierno central, "rectificar" el plan de desescalada y rechaza "que la provincia sea referencia de movilidad". El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha asegurado que "Galicia no puede avalar" el plan de desescalada presentado por el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, un documento con "algunas luces y muchas sombras". Entre estas últimas, ha situado que se tome como referencia la provincia, una figura administrativa "del siglo XIX" y que parte de una división territorial concretada en 1883.

Feijóo ha celebrado que se despejen algunos horizontes y que la desescalada sea "gradual", pero entre las cuestiones que, bajo su punto de vista, deben rectificarse, ha situado la "movilidad provincial". La Xunta mantiene que la referencia debería ser el área sanitaria y que lo lógico es atender a criterios de salud y no administrativos.

Tras quejarse de que, pese a lo que pone el documento del Gobierno, no se ha "consensuado" el plan con las comunidades, Feijóo ha apelado a que este sea "mejorado y rectificado". "Estamos a tiempo", ha dicho, y ha pedido a Sánchez que tenga en cuenta la opinión de las autonomías aprovechando, por ejemplo, el foro de la videoconferencia de presidentes que se celebra cada domingo.
Es decir, defiende que llegado el momento pueda haber movilidad entre dos provincias si la situación epidemiológica es similar. A modo de argumento, ha indicado que, por ejemplo en el caso de Galicia el 10 por ciento de su población, más de 260.000 gallegos, vive en 70 municipios limítrofes entre provincias.
Todavía más, ha reclamado que el Ejecutivo aclare los "criterios sanitarios" exactos que permitirán a cada territorio pasar de una fase a otra. "La incógnita fundamental es cuáles son los parámetros y variables que se van a emplear en cada fase. No se concreta el punto de corte, no sabemos a partir de qué datos sanitarios el Gobierno va a autorizar el paso a la siguiente fase", ha subrayado finalmente.


O titular do Goberno galego compareceu este mediodía para avaliar o plan de desescalada anunciado polo Executivo central
FEIJÓO PIDE AO GOBERNO QUE NON FAGA OÍDOS XORDOS ÁS COMUNIDADES PARA DE XEITO COORDINADO E CONSENSUADO DEFINIR A MELLOR REACTIVACIÓN SOCIAL E ECONÓMICA 
Incide en que Galicia non pode avalar o plan de desescalada porque “ten serias lagoas de eficacia e utilidade” e “non foi negociado” coas comunidades.

Asegura que o documento conta “con algunhas luces e con moitas sombras”, avogando por que sexa un punto de partida no que poder avanzar para aprobar un texto definitivo na conferencia de presidentes do domingo.

No que respecta á mobilidade, insiste en que se nas catro provincias galegas a situación epidemiolóxica é igual, o lóxico é que poida haber movementos entre elas, sen necesidade de esperar ata o 22 de xuño como mínimo.

Resalta a necesidade de despexar as incógnitas sobre a duración do estado de alarma, xa que dificilmente se pode falar de pasar á nova normalidade se temos unha situación excepcional.

Fai fincapé na necesidade de coñecer os parámetros e as variables sanitarias a partir das cales o Goberno vai autorizar en cada territorio o paso á seguinte fase.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe ao Goberno de España que non faga “oídos xordos” ás comunidades autónomas para, de xeito coordinado e consensuado, definir a mellor reactivación social e económica. 
Durante a rolda de prensa para avaliar o plan de desescalada anunciado polo Executivo central, Feijóo incidiu en que as comunidades son colaboradores necesarios e imprescindibles para, entre todos, poder acertar ante a situación máis complexa que se recorda. “Estamos xuntos nisto e compartimos o mesmo obxectivo, acadar unha desescalada segura, prudente, progresiva e eficaz”, dixo, recordando que as comunidades autónomas demostraron sempre lealdade e responsabilidade e os cidadáns comportáronse cunha responsabilidade histórica; “polo que o Goberno non pode actuar de costas aos que xestionamos a realidade e somos responsables dos servizos de saúde e, en definitiva, dos pacientes”.

“Estamos a falar dun plan que non foi negociado, nin moito menos consensuado coas comunidades. Un plan que non foi presentado en ningunha das conferencias de presidentes celebradas e que, desde logo, Galicia non pode avalar porque ten serias lagoas de eficacia e utilidade”, insistiu, avogando por que o documento presentado polo Executivo sexa un punto de partida no que poder avanzar e aprobar un plan definitivo na vindeira conferencia de presidentes, o próximo domingo.
“Entramos nunha fase crucial da resposta á pandemia e a mellor maneira de afrontala con acerto é traballando de forma coordinada e leal, e non a golpe de imposicións do boletín oficial, con ordes ministeriais que saen de xeito continuado e constante, nunha situación dunha enorme improvisación”, abundou.

Sen tratamento específico para o rural e cunha mobilidade provincial
Ao longo da súa intervención, Feijóo fixo unha primeira análise, asegurando que o plan do Goberno para afrontar a desescalada conta “con algunhas luces e con moitas sombras”, botando en falta, primeiramente, un tratamento específico para o rural.
“Estamos a falar dun plan pensado en realidades urbanas e non en realidades rurais”, dixo,  expoñendo tamén a necesidade de replantexar a mobilidade provincial. Sobre este punto, lembrou que 270.000 galegos residen en municipios que son limítrofes das provincias galegas. “Polo que a clave non é unha delimitación administrativa de 1833, senón se os municipios limítrofes teñen a mesma situación epidemiolóxica”, aseverou, sostendo que se nas catro provincias galegas a situación epidemiolóxica é igual, o lóxico é que poida haber movementos entre elas, sen necesidade de esperar ata o 22 de xuño como mínimo. 

Deste xeito, o titular da Xunta incidiu en que se teña en conta a área de saúde e non a provincia como unidade de capacidade do sistema sanitario. “E parécenos que tamén debería de falarse dos servizos de urxencias e emerxencias, ao igual que se fala da atención primaria, hospitalaria e UCI, porque son a eles aos que chegan os casos en primeiro lugar”, engadiu.
Así mesmo, destacou a indefinición que existe dos criterios de reapertura en distintos sectores económicos como, por exemplo, no comercio, na actividade pesqueira ou na restauración; e resaltou a necesidade de despexar as incógnitas sobre a duración do estado de alarma, xa que dificilmente se pode falar de pasar á nova normalidade se temos unha situación excepcional. “Non podemos manter sine die un mecanismo tan excepcional na democracia”, recalcou.
O presidente da Xunta fixo fincapé tamén na necesidade de coñecer os parámetros e as variables sanitarias a partir das cales o Goberno vai autorizar en cada territorio o paso á seguinte fase. “Descoñecemos cales son os criterios sanitarios exactos aos que os territorios nos temos que someter para obter un resultado obxectivo e incuestionable e que non dependa da vontade de interpretación do Goberno central; e botamos de menos tamén un obxectivo serolóxico que axude ao cambio de fase”, dixo, lamentando que o documento non concrete para que valen os test epidemiolóxicos.

Alberto Núñez Feijóo

Ad Code

Responsive Advertisement