Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ence pierde 12 millones en el primer trimestre del año

Ence obtivo perdas netas de 12 M€ no primeiro trimestre, polos prezos excepcionalmente baixos da celulosa

• A compañía mantén a operación e o emprego, grazas á aplicación temperá e rigorosa do seu protocolo interno de prevención fronte ao COVID 19

• A subministración de celulosa é fundamental na actual situación para o abastecemento de material hixiénico e sanitario

Ence- Energía y Celulosa rexistrou unhas perdas netas de 12 millóns € no primeiro trimestre do exercicio 2020 como consecuencia dos prezos da celulosa, os máis baixos rexistrados nos últimos 10 anos. Por contra, a produtividade e os custos da compañía tiveron unha importante mellora tras os investimentos levados a cabo.
Este primeiro trimestre do ano estivo condicionado pola crise creada polo Covid-19 a nivel global. A subministración de celulosa e a xeración de enerxía renovable, principais actividades da compañía, son fundamentais na actual situación para o abastecemento de material hixiénico e sanitario, así como para o funcionamento de fogares e centros sanitarios e hospitalarios.
A aplicación temperá e rigorosa dos protocolos internos de Ence, desde o 24 de febreiro, para previr e minimizar os riscos de contaxio nas persoas e operacións, permitiu á compañía manter operativas todas as súas plantas e manter íntegro o emprego.

As biofábricas de Ence de Pontevedra e Navia xeran preto de 11.500 empregos de forma directa, indirecta e inducida no noroeste español. A estes postos de traballo vinculados ao sector da celulosa súmanse os preto de 450.000 propietarios forestais que, nesta mesma área xeográfica, obteñen rendas da madeira da man da actividade de Ence.
A compañía realizou en 2019 investimentos de máis de 160 millóns € nas plantas de Pontevedra e Navia, o que permitiu aumentar nun 9% a produción de celulosa. Do mesmo xeito, as vendas melloraron un 25%. A maior parte destas destinouse ao segmento do papel tisú para produtos hixiénicos.
O modelo produtivo destas dúas biofábricas, aliñado coa economía circular, constitúe unha vía de recuperación e de saída da crise económica que previsiblemente se aveciña. A súa actividade contribuirá, así mesmo, ao mantemento e a creación de emprego industrial e rural de calidade, que coadxuvará tamén a superar esta grave crise económica provocada polo Covid-19.


Ad Code

Responsive Advertisement