A biofábrica de Ence en Pontevedra
investiu 10 millóns de euros en 2019
para mellorar
a súa excelencia ambiental
Ao
longo do 2019 a biofábrica de Ence en Lourizán, Pontevedra, someteuse, un ano máis,
a un amplo programa de melloras para incorporar novas tecnoloxías
nas súas instalacións, destinando 10 millóns de euros a reforzar a súa
excelencia ambiental.
Destináronse
5,5 millóns de euros a seguir avanzando nos proxectos de mellora
ambiental
da biofábrica, tales como a minimización de cheiros, vapores e ruídos.
Neste sentido xa se conseguiron grandes avances, posto que o cheiro
chegouse a reducir nun 99%, desde que comezou o proxecto de cero cheiro
no ano 2010, pasando de máis de 4.000 minutos
de cheiro mensuais a menos de 1 minuto por día.
Destacan
ademais os proxectos de tratamento de augas de proceso que Ence está a
implementar
na biofábrica de Pontevedra para reducir o consumo de auga por tonelada
de celulosa producida. Así, o investimento realizado, de 2,5 millóns de
euros, logrou reducir o consumo de auga bruta nun 10%. Un descenso que
se eleva ao 23% se se compara cos datos de
2016.
Outra
mellora ambiental implementada ao longo do exercicio, e na que se
investiron 2
millóns de euros, foi a instalación dun novo flotador DAF (dissolved
airflotation) na planta depuradora das instalacións da biofábrica, o que
supuxo unha maior robustez ao sistema de tratamento de efluentes.
A
biofábrica de Pontevedra conta cun proxecto de fiabilidade ambiental,
unha suma de
medidas dirixidas a xerar melloras en materia ambiental durante as
diferentes partes do proceso produtivo. Mediante esta iniciativa, a
enxeñería de proxectos de Ence traballa deseñando e implementando
tecnoloxía que permita reducir o impacto ambiental en todos
os ámbitos posibles.
Ademais,
o pasado ano a compañía culminou o seu proxecto de integración
paisaxística
da biofábrica de Lourizán, destinando 4 millóns de euros á mimetización
das instalacións coa súa contorna. Esta iniciativa, na que participaron
18 empresas galegas, permitiu reducir sensiblemente o impacto visual da
planta, grazas a envolturas nos edificios
máis visibles e á introdución de masas de arboledo ao redor do complexo
industrial.
A
empresa traballa para que todas as súas plantas sexan exemplos de
sustentabilidade
-eixo estratéxico para a compañía- e, en consecuencia, de
competitividade. Ence Pontevedra é un exemplo de contribución á economía
circular, e mesmo foi recoñecida con prestixiosos recoñecementos
internacionais, como a Distinción Ouro da Comisión Europea pola
súa mellora ambiental, a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico
oficial dos gobernos escandinavos e o certificado AENOR Residuo Cero,
que acredita a Ence Pontevedra como unha organización que leva a cabo
unha xestión eficiente dos seus residuos, logrando
valorizar internamente máis do 99%.