Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

En marcha la campaña "O deporte da provincia contigo"

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña "O deporte da provincia contigo" na que participan máis de 30 deportistas “para chegar á meta e ganarlle o partido ao Covid-19”
O DEPORTE DA PROVINCIA ÚNESE FRONTE Á CRISE NUNHA MENSAXE DE FORZA E ESPERANZA Á VECIÑANZA DA PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra pon en marcha hoxe a campaña "O deporte da provincia contigo" na que deportistas de referencia únense nunha soa voz fronte á crise sanitaria, en dous audiovisuais que se están a difundir na web e nas redes sociais da institución provincial. O obxectivo da campaña é animar á veciñanza durante o confinamento e apoiala nestes días decisivos nos que é preciso seguir cumprindo as indicacións sanitarias para vencer ao Covid-19.

Máis de 30 rostros recoñecidos do deporte da provincia, referentes dunha ducia de modalidades, participan nos vídeos e lanzan desde as súas casas unha mensaxe de unión, esperanza e forza para seguir vencendo ao virus desde a responsabilidade. Todos e todas coinciden en sinalar en que o esforzo que está a facer a sociedade servirá para superar esta crise e volver con máis forza a gozar dunha vida na que de seguro seguirán chegando grandes éxitos deportivos.

Entre os deportistas de referencia da provincia que participan na campaña da Deputación están os olímpicos Rodrigo Germade e Teresa Portela como representantes do piragüismo da provincia; Pablo Dapena e Susana Rodríguez Gacio do triatlón; Lorena Pérez ou Rodrigo Corrales do balonmán; Joni ou Anair Lomba do fútbol; María Araujo do baloncesto; ou, por exemplo, o atletismo con Desiree Vila.
Todas elas e eles únense á Deputación de Pontevedra para animar aos veciños e veciñas da provincia nestes días de confinamento a través desta campaña que transmite a forza necesaria para chegar á meta ganándolle o partido ao Covid-19.

Nuestra siempre admirada Teresiña Portela

Ad Code

Responsive Advertisement