Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Museo Provincial se apunta a los pasatiempos para sobrellevar el confinamiento

A institución segue a aumentar a súa oferta lúdica dentro da iniciativa ‘O Museo en familia’ para sobrelevar o confinamento

O MUSEO APÚNTASE AOS PASATEMPOS E PROPÓN UN ENCRUCILLADO SOBRE A SÚA COLECCIÓN DE PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA


O Museo de Pontevedra segue a aumentar a súa oferta lúdica dentro da iniciativa ‘O Museo en familia’ e vén de propoñer na súa páxina web un pasatempo encrucillado sobre a súa colección de Prehistoria e Historia Antiga. Trátase dunha creatividade da equipa educativa da institución, que pretende dar unha alternativa para sobrelevar o confinamento ás persoas adultas e, ao mesmo tempo se se fai en conxunto coas pequenas da casa , dar a coñecer novos conceptos ás crianzas.

O encrucillado ten como finalidade encaixar vinte palabras relacionadas en xeral coa Prehistoria e a Historia antiga e, en particular, coas salas que o Museo de Ponntevedra ten dedicadas a estas etapas. Entre outros términos, deben atoparse algúns relativos a épocas e periodos, a técnicas de tratamento de materiais, a elementos de xoiería, deuses, ou monumentos e cámaras funerarias. Para facilitar a súa realización online (www.museo.depo.gal), o encrucillado leva un apartado de autocorrección.
Nos vindeiros días tamén se dará a coñecer outra iniciativa relacionada con recortables e motivos pictóricos presentes na colección do Museo. Todas estas propostas xurden da equipa educativa da institución, que pretende manter o nivel de difusión sobre os fondos provinciais entre todos os rangos de idade. 




Ad Code

Responsive Advertisement