miércoles

El CAAN continúa su buena labor también en el tiempo del coronavirus

Continúa con su buena labor el centro CAAN, dependiente de la Deputación de Pontevedra, y que en su día creó con notable acierto el presidente Rafael Louzán. Una excelente idea puesta ya por el en práctica, bien continuada por su sucesora en la Deputación. Un organismo, el CAAN, que sigue siendo noticia periódicamente. También en tiempos del coronavirus.
O CAAN DA DEPUTACIÓN SALVA EN DÚAS XORNADAS A NOVE CACHORROS ABANDONADOS NA ZONA DO DEZA, DOUS DELES NUNHA FOSA DE ZURRO DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA

Tres cachorros foron rescatados en Rodeiro e unha cadela e as súas seis crías en Lalín. Desde a entrada en vigor do Estado de Alarma o Caan recolleu xa 36 animais

Tan só días despois do rescate da cadela Lara e os seus sete cachorros dunha situación extrema en Crecente, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra realizou dúas intervencións para salvar dun tráxico final a outros nove cachorros abandonados en dous concellos da comarca do Deza.

No primeiro caso, o persoal do CAAN rescatou a tres cachorros atopados nunha explotación gandeira en Rodeiro. As circunstancias da aparición destes animais (dúas femias, Rona e Roma, e un macho, Ron), que tivo lugar o pasado Xoves Santo, 8 de abril, apuntan a que foron abandonados no devandito lugar. Amais, dous deles apareceron no interior dunha fosa de zurro e de non ser pola rápida intervención do persoal do centro da Deputación expoñeríanse a unha morte segura. Na zona onde se atoparon os animais, que teñen dous meses de idade, sitúanse varias explotacións gandeiras e apenas hai vivendas próximas, polo que a hipótese do abandono cobra forza. Afortunadamente, os cachorros atópanse en aparente bo estado e están a recuperarse e ser coidados polo persoal do CAAN, que xa procedeu a súa desparasitación. 

E o pasado luns o centro rescatou a unha cadela, Laila, e os seus seis cachorros (Suso, Antón, Lois, Breixo, Ramón e Leal) que estaban abandonados en Outeiro, na parroquia de Moneixos en Lalín. O CAAN foi alertado pola Policía Local do concello da presenza dos animais e tralo seu rescate, o persoal do centro comprobou que as crías teñen un mes e se atopan en aparente bo estado, aínda que se están a extremar os coidados pola delicada saúde que habitualmente presentan os cachorros a esa idade.

Con estes animais son xa 36 os recollidos polo centro dependente da Deputación desde que se decretou o Estado de Alarma polo COVID-19. A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo un chamamento contra o abandono de cans e cadelas nesta época de confinamento, “e de todos os animais que dependen de nós, que nos fan tanta compañía e que non merecen un maltrato tan brutal como é o abandono. Os animais nunca nos abandonarían, nin no noso peor momento, son incondicionais e a nosa resposta ten que ser coidalos e darlles o noso amor”. 

Durante o Estado de Alarma o CAAN está pechado ao público e ten as adopcións suspendidas, pero mantén o seu servizo de lacería para casos de atención necesaria. Nestes supostos realizáronse recollidas desde o 14 de marzo nos concellos de Marín, Caldas, Redondela, Nigrán (2), Baiona, Meaño, Soutomaior, Meis (3), A Estrada, Mos, Campo Lameiro, Fornelos, A Cañiza, Crecente (8), Rodeiro (3), Vilanova (2) e Lalín (7). En seis destes casos  (Marín, Caldas, Meis, Mos, Vilanova e un en Nigrán), os cans puideron ser devoltos aos seus propietarios. Onte tamén se devolveu ao seu dono un can que fora recollido en Meis con anterioridade ao estado de alarma.