Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

1 de maio : Ence constitúe un importante vertebrador do emprego en Galicia

A biofábrica de Ence en Pontevedra supón un importante polo de xeración de emprego e riqueza na súa contorna. Un emprego que, na complicada situación de pandemia que estamos a atravesar, a compañía está a manter integramente, grazas ao seu compromiso coa seguridade das persoas –prioridade máxima para Ence- e como parte da súa decidida aposta por contribuír á saída desta crise sanitaria e da económica que, moi probablemente, virá a continuación.

Con motivo do Día Internacional do Traballador, merece a pena visibilizar ás miles de familias que dependen directa e indirectamente da biofábrica de Pontevedra. Ás 400 persoas que compoñen o equipo humano do seu persoal fixo súmanse as 2.700 contratistas da área industrial, loxística e de transporte e máis de 2.100 empregos no sector forestal galego. Xuntos evidencian a importancia que ten a actividade da planta para o tecido empresarial local.
Así, segundo datos da consultora KPMG, esta industria sostén en total máis de 5.100 postos de traballo e é o principal actor do mercado forestal, propiciando unha vertebración do territorio da que se benefician unhas 200.000 familias propietarias forestais.

Precisamente no sector forestal, Ence é un actor crave en Galicia, que actúa como xestor de máis de 10.000 hectáreas na comunidade e, ademais, como cliente dos principais produtores locais. Así́, a compañía compra anualmente madeira por valor duns 94 millóns de euros distribuídos entre máis de 6.500 familias e empresas forestais galegas

A aposta de Ence polo talento local e a xeración de riqueza na súa contorna demóstranse tamén en proxectos concretos, como o de integración paisaxística da biofábrica de Pontevedra. Neste proxecto, o 90% dos 4 millóns de euros investidos pola compañía foi acometido por empresas galegas, na súa maioría da propia comarca de Pontevedra, como Metalyset, Luber, Dexo, Montaxes Pichel, ASAI ou Taelpo.
Estes datos poñen en valor o papel que exerce Ence na comunidade galega, especialmente na comarca de Pontevedra, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a xeración de emprego directo e indirecto e a posta en marcha de proxectos sociais. Un papel que non podería desenvolver sen unha aposta decidida pola sustentabilidade. Neste sentido, a compañía coida ao máximo todos os aspectos ambientais, obtendo recoñecementos como a ecoetiqueta Nordic Swan, selo oficial dos países nórdicos, por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental, ou o certificado de Residuo Cero por revalorizar nun 99% os seus residuos.





Ad Code

Responsive Advertisement