Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

VIGO. Las obras de Porta do Sol ponen patas arriba 17 líneas de autobús

Con motivo das obras de humanización da Porta do Sol, na cidade de Vigo, o tráfico rodado quedará cortado desde o luns, 9 de marzo, ás 10:00 horas da mañá entre Paseo de Alfonso e Policarpo Sanz polo que se realizarán cambios no percorrido de 17 liñas de autobús urbano, con desvíos alternativos e habilitando novos puntos de subida e baixada de viaxeiros.
Desde Paseo de Alfonso a Policarpo Sanz quedarán anuladas 6 paradas: Paseo Alfonso 15, Policarpo Sanz 12, Policarpo Sanz 16 e desde Policarpo Sanz a Paseo de Alfonso suprímense Policarpo Sanz 15, Porta do Sol e Paseo de Alfonso. No seu lugar, habilítanse novos puntos de subida e baixada de pasaxe en Policarpo Sanz 26, Colón 26, Policarpo Sanz 23, Pi i Margall 7, Pi i Margall (antigo asilo), Praza do Rei (Concello), Camelias (Concello), Praza de Compostela 35 e enfronte.
Co fin de informar á cidadanía sobre os novos percorridos e paradas, editarase un tríptico informativo cun mapa explicativo no que figuran as novas paradas e os percorridos alternativos das liñas afectadas. Repartiranse máis de 10.000 folletos na cidade. Ademais os cambios veranse reflectidos na páxina web de Vitrasa, nos autobuses e nas principais marquesiñas, así como na app móbil Moovit na que os viaxeiros poderán visualizar os novos percorridos en tempo real.
Para favorecer a aplicación destes cambios, durante as primeiras semanas establecerase un dispositivo continuo con inspectores a pé de rúa para comprobar o funcionamento das liñas polas novas paradas, así como dar información aos usuarios.
Estas son as liñas afectadas: 
C2 - CIRCULAR 2ª 
C3 - BOUZAS/COIA – ENCARNACIÓN (Praza Eugenio Fadrique) 
L4 A – C - ARAGÓN / EST. AUTOBUSES- COIA 
L5 A – B - TEIXUGUEIRAS – B. AIRES (por G. Barbón / Urzáiz) 
L7 - PZA. ESPAÑA – GARRIDA / ZAMÁNS / SOBREIRA 
L8 - AREAL – PORTO / UNIVERSIDADE 
L9 A - PZA. E. FADRIQUE – PEINADOR (AEROPORTO) 
L9B CANDEAN – G. BARBÓN 
10 – TEIS – SAIÁNS 
L11 - SAN MIGUEL - CABRAL 
L12 A – B - SAIÁNS / HOSP. ALVARO CUNQUEIRO – MEIXOEIRO 
L15 B – C - UNIVERSIDADE – SAMIL / NAVIA 
L17 - MATAMÁ (BALSA) – A GUÍA / RÍOS 
24 - GUIXAR – POULO 
L28 SAMPAIO - VIGOZOO 
N1/N2/N3 - SAMIL/TEIXUGUEIRAS – BUENOS AIRES 
H1 - GARCÍA BARBÓN – HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

Ad Code

Responsive Advertisement