jueves

PP pide al PSOE (Deputación) que no hable de 25 millones "extra" cuando no lo son...

O PP pide ao Goberno da Deputación que sexa rigoroso porque as axudas extra que van recibir os concellos para combater contra o COVID-19 son 1,3 millóns, non 25
O resto son cartos que os concellos xa ían recibir a través dos servizos sociais comunitarios ou as taxas e impostos que teñen delegados no Oral, o único que se fai é adiantar a convocatoria.

O grupo provincial do Partido Popular pide ao Goberno da Deputación que sexa rigoroso á hora de anunciar as medidas extraordinarias adoptadas polo comité de seguimento do COVID-19, no que participou o voceiro do grupo Jorge Cubela. Así, explican que é un erro falar de 25 millóns extras que van recibir os concellos de menos de 20 mil habitantes da provincia, cando a realidade é que o fondo extraordinario é de 1,3 millóns de euros. Nesta liña, Cubela recorda que o PP vén demostrando durante estes días lealtade e sendo unha oposición útil e construtiva, e polo tanto o que piden é que se digan as cousas con claridade e atendendo á realidade.
O resto dos cartos, corresponden aos servizos sociais comunitarios e ás taxas e impostos que os concellos teñen delegados no Oral. Eses cartos, indican, son os que lles corresponden aos concellos atendendo ás competencias propias da Deputación de Pontevedra, o único cambio que hai con respecto ao ano pasado é que se adianta a súa convocatoria no primeiro caso, e no segundo, se aprobaron unhas bases para que os concellos que queiran poidan solicitar un anticipo. Non son cartos extraordinarios para combater a pandemia, son cartos que xa ían recibir e, polo tanto, lle corresponden aos concellos.

Os populares entenden que agora máis que nunca é importante ser totalmente rigorosos con todas as informacións que se ofrecen, por iso piden ao Goberno provincial que expliquen correctamente a concellos e cidadáns as medidas adoptadas polo comité de seguimento.