martes

La Xunta dice al vice Iglesias que es hora de remangarse de verdad...

A conselleira de Política Social e os demais representantes autonómicos da área social mantiveron unha xuntanza por videoconferencia co vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias
A XUNTA DE GALICIA INFORMA AO GOBERNO CENTRAL DE QUE ESTÁ A ELABORAR UN PLAN SOCIAL DE CONTINXENCIA E PIDE QUE SE GARANTA O FINANCIAMENTO 
Traslada a carencia de equipos de protección individual (EPIs) que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar e cuxo subministro centralizado asumiu o Goberno central.
Pide unha maior concreción nas instrucións sobre o Servizo de Axuda no Fogar, que se recomenda manter e reforzar nas circunstancias actuais.
Interésase polo xeito no que se executará o reforzo extraordinario para a atención a persoas sen fogar, no que se implicará o Ministerio de Defensa.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta tarde nunha xuntanza por videoconferencia co vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España, Pablo Iglesias, xunto cos demais responsables autonómicos da área social. Durante esta xuntanza, informou de que Galicia está a elaborar un Plan social de continxencia e pediu que se garanta o financiamento. 
Este Plan social de continxencia estará destinado a atender as consecuencias que ten a emerxencia sanitaria en ámbitos como a atención á dependencia, o coidado das persoas maiores ou con discapacidade sen unha rede familiar de apoio ou a protección ás persoas sen fogar.
Fabiola García reclamou tamén un reparto xusto dos fondos que o Goberno central distribúa entre as comunidades autónomas para facer fronte ás necesidades, e pediu que se teñan en conta factores como a porcentaxe de persoas maiores (que son poboación especialmente vulnerables) e a dispersión territorial.
O problema principal que trasladou a conselleira ao Goberno central é a carencia de equipos de protección individual, os coñecidos como EPIs (que inclúen mascarillas, batas, luvas e gafas, entre outros útiles), que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar. O Goberno central asumiu nos últimos días o subministro centralizado destes equipos, que necesitan os profesionais do ámbito social para traballar con seguridade.

Atención a domicilio e a persoas sen fogar
Así mesmo, Fabiola Garcia pediu que se concretasen as instrucións ditadas polo Goberno central sobre o Servizo de Axuda no Fogar, que se recomenda manter e reforzar nas circunstancias actuais. Galicia defende que se habiliten mecanismos para que as persoas usuarias de centros de día ou ocupacionais (que suspenderon a súa actividade) teñan garantida a cobertura das súas necesidades básicas.
Por último, a conselleira de Política Social interesouse polo xeito no que se executará o reforzo extraordinario para a atención ás persoas sen fogar, no que se implicará o Ministerio de Defensa e do que, de momento, non se coñecen detalles.

Mucho abrazo. Ahora toca remangarse...