Ence
traballa para asegurar a subministración de celulosa e enerxía
eléctrica, bens e servizos básicos na actual situación de crise polo
COVID-19.
A
seguridade das persoas é a prioridade da compañía, que puxo
anticipadamente en marcha medidas rigorosas de prevención para todos os
traballadores.
Ence- Energía y Celulosa está a traballar para asegurar a
subministración de enerxía eléctrica renovable e de celulosa –material
co que se fabrican produtos hixiénicos
de primeira necesidade–, bens e servizos básicos na actual situación de
pandemia.
A
temprá e estrita aplicación do Protocolo interno de Prevención da
compañía fronte ao Coronavirus está a permitir que todas as plantas de
enerxía renovable e de celulosa da empresa estean
a operar. Para
Ence, trátase dunha cuestión de responsabilidade cara ás persoas e cara
á sociedade, dada a importancia que nesta situación cobra a
subministración aos cidadáns tanto de enerxía eléctrica
renovable e firme, como de produtos celulósicos (especialmente de papel
tisú, principal destino da celulosa de Ence, que xoga un papel
importante nas medidas hixiénicas necesarias para previr e combater ao
COVID-19).
A seguridade das persoas, prioridade máxima
A
seguridade das persoas é a prioridade máxima para a empresa, que se
anticipou na aplicación de medidas de prevención e contención fronte ao
Coronavirus. Deste xeito, extremáronse as medidas
de prevención en todos os centros operativos e na cadea de
subministración; todas as persoas cuxa actividade o permite están tele
traballando nos seus domicilios; e implantáronse protocolos de
prevención en todos os postos de traballo.
Así,
preto da metade do persoal da compañía traballa desde o seu domicilio,
seguindo as recomendacións do Goberno. Ao mesmo tempo, e co obxectivo de
minimizar os posibles riscos, modificáronse
as quendas para o persoal das distintas plantas, o que permite que
actualmente non coincida traballando presencialmente nas mesmas máis dun
12% dos empregados. Igualmente, están a aplicarse estritos protocolos
de prevención para todos os traballadores do ámbito
forestal e loxístico.
Ademais
da adopción destas medidas, acordadas cos representantes dos
traballadores e comunicadas á Administración, a compañía traballa para
contribuír ao mantemento da actividade económica
e para protexer e asegurar o emprego, en liña coas indicacións do
Goberno de que as empresas se comprometan co mantemento dos postos de
traballo.
"Estamos
a vivir unha crise que, moi probablemente, vai ser longa. Unha crise
que será imposible superar se se paraliza a produción dos bens e
servizos que precisa a cidadanía. Desde Ence, estamos
a focalizar os nosos esforzos en garantir a seguridade das persoas,
pero tamén en manter o emprego e a actividade económica, para dar a
mellor resposta, como así o esixe esta dura situación. Non é
realista pensar que sairemos desta pandemia se estamos todos confinados
nos nosos domicilios, xa que necesitamos que se siga producindo e
fornecendo á sociedade de enerxía eléctrica,
alimentos e produtos básicos e hixiénicos ou sanitarios", refere ENCE nunha nota de prensa.