A
representación de mulleres no persoal de Ence é dun 21%, o que converte
á compañía en referente na industria manufactureira española onde a
muller representa un 7,2% dos traballadores.
A
finais de 2018, Ence puxo en marcha un Plan de Igualdade co obxectivo
de reducir a diferenza salarial e aumentar a representación da muller no
persoal. A compañía presentou uns Obxectivos de Igualdade para o
período 2019-2020, nos que se recollen dez medidas que gardan relación
directa con temas como o desenvolvemento profesional, os procesos de
selección ou as medidas de conciliación.
Na
actualidade, tras superar o ano de vida, quedou patente o gran éxito do
Plan de Igualdade. Ao finalizar 2019, o peso das mulleres no persoal
incrementouse
un 11%, pasando do 13% do total en 2015 ao actual 22%.
Outro
dato importante é que, no grupo de traballadores con titulacións
universitarias de 30 anos de idade ou menos, as mulleres representan
máis
do 70%.
Unha
delas é Jennifer Menéndez, Enxeñeira de Procesos Junior na biofábrica
de Navia. Cando lle preguntan acerca da posición que ocupa a muller
no sector industrial, responde con sinceridade: «Aínda que cada vez
ven máis mulleres no sector industrial, a realidade é que os homes
seguen sendo maioría. Ademais, o tema da maternidade en moitas empresas
ségueno vendo como un problema o que nos pecha
portas ás mulleres».
Con
todo, a realidade na compañía é totalmente distinta, xa que «Ence pode
considerarse un referente en materia de igualdade para outras empresas,
sobre todo pola flexibilidade horaria que permite conciliar a vida
profesional coa persoal, especialmente para as nais e pais con fillos
menores de 12 anos», destaca Maryam Abounaim, Enxeñeira de Procesos
Junior na biofábrica de Navia.
Comparándose
con outras compañeiras de promoción que desempeñan postos similares
noutras empresas, Laura Vermello, Técnica de Desenvolvemento de
Produto na biofábrica de Pontevedra, non dubida en afirmar que «hai
moita concienciación no persoal masculino de Ence con respecto ao que
me comentan as miñas antigas compañeiras, que moitas veces ven
cuestionadas polo simple feito de ser mulleres».
Así mesmo, esta nova enxeñeira química considera que «existe un gran
traballo por parte de Ence na integración das mulleres, xa que sempre
se me tratou da mesma maneira que aos meus compañeiros masculinos.
Ademais, cada vez ven máis mulleres ocupando postos
que tradicionalmente facían só homes. »
De
feito, o 30% do persoal directivo da compañía son mulleres, destacando a
súa presenza en áreas como a secretaría xeral do comité de dirección,
a dirección de produción ou a dirección de capital humano.
Todas
elas augúranlle un futuro positivo á muller no sector industrial,
teniendo en cuenta os logros alcanzados en materia de igualdade. «Creo
que as mulleres cada vez sentimos máis interese por este ámbito e vemos
con bos ollos o potencial que encerra. Por iso, considero que a muller
ten un bo futuro no sector, aínda que debemos seguir progresando nesta
liña para lograr a igualdade plena», subliña
Maryam Abounaim.
A
igualdade de oportunidades é un dos alicerces éticos fundamentais de
Ence. A pesar de non lograrse plenamente aínda, a compañía atópase no bo
camiño
para conseguilo, xa que grazas ás medidas implementadas ha conseguido
posicionarse como unha das mellores empresas do seu sector en materia de
igualdade.