Sigue la obra del "maravilloso" estadio de Balaídos (con lentitud exasperante, eso sí)

Las obras de remodelación del estadio municipal de Balaídos, en Vigo, continúan -de vez en cuando, por lo que se observa-. Toca ahora, según el regidor Caballero, meter mano a la grada de Marcador. Con calma, eso sí, no vaya a atragantarse el asunto. Y es así, incumpliendo las fechas dadas de antemano varias veces, como va surgiendo, con atraso de años, el estadio "maravilloso" -según el alcalde- que tiene "a media Europa con la boca abierta...". Claro que, de aquí a que se llegue al final de todas las obras, aún habremos de esperar lo suyo. Va para largo, por lo que se observa...

O Concello de Vigo deu o seu visto e prace na Xunta de Goberno Local ao proxecto construtivo da grada de Marcador e a recolocación das butacas de Río Baixo. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que sinalou que a licitación da obra será o vindeiro mes de marzo e as obras comezarán entre xullo e agosto próximos. “Non hai ningún atraso sobre os prazos establecidos”, apuntou sen poñerse colorado o rexedor, despois de explicar que o orzamento base de licitación será de 16,6 millóns de euros, con financiamento exclusivo a cargo de Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra e cun prazo de execución de 18 meses. Segundo o proxecto construtivo do do equipo coordinado polo arquitecto Pedro de la Puente, a nova grada terá un total de 6.418 butacas, repartidas entre Marcador Alto (2.791) e Marcador Baixo (3.977).

Licitación e inicio da obra
Caballero sinalou que a tramitación contempla que a licitación harmonizada estea a finais de marzo. “Xa estamos redactando os pregos e unha vez adxudicada, a obra comezará entre xullo e agosto”, sinalou. A actuación comezará coa demolición da vella bancada e a posterior escavación para a execución dun semisoto a cota 4,98 metros, onde se prevé o uso para sala de conferencias e almacéns. Os accesos serán a través dunha zona porticada sobre o vial exterior, onde haberá escadas e oito ascensores. Na actuación na planta baixa permitirá construír un nó de comunicacións para poder acceder as gradas de Río e Tribuna. Nas plantas 1ª e 2ª estarán os accesos á bancada de marcador Baixo, con zonas reservadas para espazos comerciais e servizos do estadio.
Marcador Alto e iluminación
Por último, a través das plantas 3ª e 4ª poderá acceder á zona de Marcador Alto e haberá espazo para oficinas de control do estadio, zona comercial e uso terciario. O alcalde tamén explicou que o proxecto inclúe o derribo das torres exteriores de iluminación e a redistribución dos 60 focos existentes no conxunto das gradas de Río e Tribuna.
Cambio de butacas en Río Baixo
Abel Caballero indicou igualmente que o proxecto tamén aborda a actuación para o comprometido cambio de butacas en Río Baixo, retirando unha de cada cinco filas. “Vanse a reatribuír as distancias entre filas e gañaremos entre 15 e 18 centímetros para dar máis comodidade”, concluiu.

Recreación de cómo quedará una vez construida la grada de la zona norte del estadio de Balaídos