Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Lo del AVE ya es escandaloso. La negativa del bigobierno a crear comisión de seguimiento huele a gato encerrado

Pedían que, al igual que se hizo con otras autonomías, el Gobierno central crease una comisión de seguimiento del final de las obras del AVE a Galicia, con representantes de la Xunta.
Don Ábalos se niega.
O sea, ¿hay algo que ocultar para proceder en forma de estúpida negativa a algo tan lógico como lo demandado?.
Cheira mal lo del AVE. Demasiado mal. Instalados en el no sabe no contesta, los del bigobierno del doctor y el profesor, si no tienen a Galicia debajo de un diente, poco les falta...

A XUNTA LAMENTA QUE O GOBERNO LLES NEGUE AOS GALEGOS INFORMACIÓN OFICIAL SOBRE O AVE E PREGUNTA QUE TEN QUE OCULTAR
A conselleira de Infraestruturas sinala que se pediu a comisión ao estar Galicia ante un retraso do prazo comprometido de rematar as obras a finais de 2019.
Explica que se trata dunha fórmula que o propio Goberno de España creou con outras comunidades como Murcia ou o País Vasco.
Puntualiza que as noticias dos últimos meses sobre os prazos son contraditorias e alarmantes e salienta que para os galegos non é o mesmo que o AVE chegue en 2021 que en 2022 ou 2023
Recorda que o ministro de Transportes estivo hai 15 días en Galicia, sen concretar o estado das obras, e con esta opacidade medra a preocupación da Xunta.
Subliña que o Goberno galego teme que o retraso sexa aínda maior do esperado e que o Goberno queira ocultalo.

A Xunta lamenta que o Goberno de España lles negue aos galegos información oficial sobre o AVE e pregunta que ten que ocultar.
Así o manifestou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras ter coñecemento a través dos medios de comunicación, da negativa do Executivo central a crear unha comisión de seguimento sobre as obras do AVE a Galicia.
Ethel Vázquez explicou que “se pediu esta comisión ao atoparse a comunidade ante un retraso evidente do prazo comprometido de rematar as obras a finais de 2019”.
Engadiu que “nos últimos meses, as noticias sobre os prazos son contraditorias e alarmantes”. Salientou que “para os galegos non é o mesmo que o AVE chegue en 2021 que en 2022 ou 2023”.
Cómpre lembrar que a Xunta está a requirir unha fórmula que o propio Goberno de España creou con outras comunidades como Murcia ou o País Vasco.
A este respecto, Vázquez Mourelle lamentou que o Goberno de España lle volva reiterar “un non a Galicia, do mesmo xeito que cada vez que a Xunta se interesa polas infraestruturas do Estado na comunidade”.
Recordou que o ministro de Transportes estivo hai 15 días na comunidade e non concretou o estado das obras do AVE, “unha opacidade total do Goberno coa que a preocupación de Galicia medra”.

Indicou que “agora está absolutamente confirmado que a Xunta tiña razón cando avanzou en novembro que as obras do AVE ían con retraso”. Non obstante, precisou que “o que teme o Goberno galego é que ese retraso sexa aínda maior e que o Goberno queira ocultalo”.





Ad Code

Responsive Advertisement