Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Economía gallega repuntó en el cuarto trimestre (2019) creando 14.900 trabajos a tiempo completo

O PIB de Galicia acelerou o seu crecemento respecto ao trimestre anterior, no que medrara un 1,7%, segundo os datos do contabilidade trimestral do IGE. /////En taxa trimestral o avance foi do 0,5%, unha décima máis que no terceiro trimestre. Co dato publicado hoxe, a primeira estimación de media anual sitúase no 1,8%.
A economía galega repuntou no 4º trimestre do ano ao rexistrar un crecemento interanual do 1,8%, unha décima máis que o trimestre anterior, ao tempo que creou 14.903 postos de traballo a tempo completo asalariados, segundo os datos de contabilidade trimestral publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

No último trimestre do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,8% en taxa interanual, unha décima máis que no trimestre anterior. En canto á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un avance do 0,5% en taxa trimestral, tamén unha décima máis que no trimestre anterior. Co dato do cuarto trimestre, a primeira estimación de media anual do PIB en 2019 sitúase no 1,8%, catro décimas menos que o ano anterior.
Desde o punto de vista da demanda, no cuarto trimestre o gasto en consumo final medrou un 3,1% e a formación bruta de capital avanzou un 0,4%, o que propiciou unha achega da demanda interna –en termos nacionais- de 2,7 puntos. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos aumentaron un 3,5% -fronte ao 2,1% do trimestre anterior- e as importacións de bens e servizos creceron un 5,0%, dúas décimas menos que no terceiro trimestre do exercicio.

Desde o punto de vista da oferta, o sector que rexistrou un maior avance no cuarto trimestre foi o sector servizos, que creceu un 2,5%, seguido da construción e da industria, que avanzaron un 0,5%, pese a que a industria manufactureira –a máis intensiva en emprego- creceu un 3,2%. O único sector que non rexistrou crecemento foi o primario (-0,1%).

Emprego 
O emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, avanzou un 0,9% no cuarto trimestre do ano, mentres que o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo asalariado aumentou un 1,7%. Isto supón un aumento de 14.903 postos de traballo destas características no último ano, segundo as cifras do IGE.

Finalmente, o PIB de Galicia valorado a prezos correntes aumentou un 2,6% no cuarto trimestre do ano, dúas décimas menos o trimestre anterior (2,8%).



Ad Code

Responsive Advertisement