La Biofábrica de Ence, en Pontevedra, volvió a mejorar sus resultados ambientales en 2019
0
Comentarios
A
biofábrica de Ence Energía y Celulosa en Pontevedra volveu a mellorar en
2019, un ano máis, os seus resultados ambientais con respecto aos
límites fixados na súa Autorización Ambiental Integrada
(AAI). Todos os parámetros do efluente da planta están moi por baixo
dos límites fixados na AAI, entre os que cabe destacar a DQO (Demanda
Química de Osíxeno) –principal medida da calidade do efluente–, que
mellorou nun 65% o límite marcado, situándose en
2,46 kg/ tAD, fronte ao límite establecido de 7 kg/ tAD.
A
evolución deste dato revela os avances que a biofábrica logrou na
calidade do seu efluente final. Ademais, hai que resaltar que a DQO de
Ence Pontevedra
mellora nun 87,7% o rango superior de referencia que marca a normativa
europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa para
este parámetro.
Doutra
banda, hai que destacar que a biofábrica de Pontevedra logrou reducir o
caudal do seu efluente un 9% respecto ao resultado alcanzando no 2018.
Así
mesmo, os sólidos en suspensión, outro dos indicadores clave no
comportamento ambiental, foron un 46% inferiores ao máximo autorizado
por a Autorización Ambiental Integrada. Respecto do rango de referencia
do BREF, o resultado alcanzado sitúase un 75% por
baixo do máximo permitido por esta normativa.
Ademais
hai que destacar a redución de consumo de auga realizada na biofábrica
de Lourizán, do 12%, consolidando unha redución de case un 20% no
consumo no
últimos catro anos.
Os
indicadores ambientais da biofábrica de Ence en Pontevedra sitúan o
complexo industrial á vangarda mundial do seu sector en desempeño
ambiental. A planta
ten implantado un Sistema Integrado de Xestión de acordo ás normas ISO
9001 e 14001 e OHSAS 18001, e está certificada por un organismo
acreditado que realiza anualmente as auditorías correspondentes.
Ademais, o centro está adherido ao Regulamento EMAS da Unión
Europea, sendo a primeira fábrica de Galicia en acceder a este esixente
compromiso voluntario.
Proba
da calidade ambiental de Ence-Pontevedra son os bancos de marisqueo
situados en Os Praceres, así como en Lourido, Combarro e Raxó, nas
inmediacións
da planta, e as cinco praias co distintivo de bandeira azul da UE en
Cabeceira (Poio) e Portocelo, Mogor, Aguete e Santo do Mar (Marín).
Por
ultimo hai que mencionar o esforzo realizado pola compañía desde o ano
2010 no proxecto “Cero cheiros”, proxecto no que se logrou reducir nun
98% o impacto
oloroso na contorna.
Calquera cidadán pode seguir día a día os resultados de xestión ambiental de Ence Pontevedra a través da súa páxina web
www.encepontevedra.com. A
compañía aposta pola transparencia total con esta medida pioneira,
enmarcada dentro das súas políticas de sustentabilidade e única na
industria da celulosa.