Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Galicia vuelve a presentar su oferta de Turismo de Naturaleza y Ornitológico

Galicia participa estes días no principal certame de turismo de natureza e ornitolóxico, a Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, que se ...

Galicia participa estes días no principal certame de turismo de natureza e ornitolóxico, a Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, que se está a celebrar estes días no Parque Nacional de Monfragüe, en Estremadura. A Comunidade participa cun expositor no que os visitantes e profesionais poden coñecer a oferta natural e especialmente os produtos vinculados aos recursos ornitolóxicos galegos que inclúe máis de 100 roteiros polas catro provincias.  
Organizado pola Junta de Extremadura, o certame FIO está considerado como o máis importante do seu xénero no sur de Europa e unha cita obrigada para todos os especialistas e afeccionados á ornitoloxía en España. 

No expositor de Galicia amósanse os diferentes recursos naturais e especialmente as posibilidades da Comunidade para coñecer espazos de alto interese ornitolóxico identificados en Galicia e distribuídos por toda a súa xeografía, con ata doce áreas que destacan pola súa maior potencialidade: Zonas húmidas da Terra Chá, Rías de Ribadeo e Foz, Ría de Ortigueira e Cariño e Estaca de Bares, A Costa da Morte, O Grove e o PN Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, A Guarda e o esteiro do Miño, Os Ancares e Montes de Cervantes, Oímbra, Monterrei e Verín, A Limia, Canón do Sil, Serra de Enciña da Lastra e Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés.

Ao abeiro da experiencia Galicia Birding propóñense 148 roteiros e identifícanse 600 puntos destacados desde o punto de vista ornitolóxico.  



Prensa española :

Portadas de Prensa española están al final