Actos previstos en el Carnaval de Vigo

Este domingo ás 10h arranca en Príncipe a carreira popular infantil e unha hora máis tarde, a categoría de adultos e veteranos, con saída en Porta do Sol e percorrido por Elduayen, Paseo de Alfonso, Pi y Margall, Lopez Mora, Camelias, Romil, Cachamuiña, Pracer, Progreso, Doutor Cadaval e final na Porta do Sol. Na tarde do domingo, animación de rúa de 17 a 19h en Príncipe e Praza da Princesa, actuacións infantís ante o MARCO ás 17h e chocolatada infantil ás 18h no mesmo emprazamento.
O luns 24, haberá obradoiros e animación infantil de 17 a 20h diante do MARCO, cunha chocolatada infantil ás 18h. O martes 25, concursos de disfraces ante o MARCO e a queima do Meco ás 22:30h na Porta do Sol.
O mércores 26 de febreiro celébranse as exequias funerarias solemnes das comparsas e acompañamento da comitiva ás 18h, en Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e volta á Porta do Sol. Este será o punto de celebración do enterro do Meco, ás 19:30h, cos oficios laicos, responsos e sermóns, e lectura da acta do xurado e entrega de premios dos concursos de comparsas e carrozas.

Esto es lo que ya queda atrás...