Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta impulsa la deducción verde para las mejoras de eficiencia energética de las viviendas


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets de Madeira, Apropellets, na que lle informou sobre esta nova iniciativa ///
Destaca o compromiso da Xunta coa biomasa a través dunha estratexia propia e avanza que este ano se destinarán máis de 5M€ en apoios dirixidos a familias, empresas, concellos, entidades sen ánimo de lucro, universidades e proxectos do sector agrícola para fomentar o seu uso ///Cando remate o ano 2020 a Estratexia de impulso da biomasa terá permitido a instalación dun total de 8000 caldeiras en Galicia ////
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a dedución verde, unha nova bonificación que a Xunta pon en marcha de ata 1500 euros no IRPF para todos os que melloran a eficiencia enerxética da súa vivenda, dentro do compromiso do Goberno autonómico co fomento dunha cultura enerxética baseada no impulso das fontes renovables e no aforro. Así llo trasladou -no transcurso dunha reunión- á presidenta da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets de Madeira (Apropellets), Luz Pardo, unha entidade que engloba a compañías de fabricación que representan máis do 85% do pellet de madeira certificado que se produce en España.

Conde trasladou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso da biomasa a través dunha Estratexia que permitiu a instalación de 73 caldeiras en edificios públicos -que evitan a emisión de 15.000 toneladas de CO2 ao ano e o consumo de 5 millóns de litros de gasóleo con aforros de 2M€-; e que promove o seu uso tamén no eido particular e empresarial. Así, prevese que ao remate deste ano se teñan instalado un total de 8000 caldeiras desde a posta en marcha da Estratexia (ano 2014). Neste sentido, os orzamentos reservan un total de 5,13M€ para apoios dirixidos tanto ás familias, como ás empresas, concellos, entidades sen ánimo de lucro, universidades e proxectos do sector agrícola.

Galicia é unha Comunidade líder nacional e tamén a nivel europeo neste eido, xa que o aproveitamento forestal supón o 47% do total de toda España. Ademais, segundo o mapa dos biocombustibles elaborado por Bioenergy International e a Asociación para a Valorización Enerxética da Biomasa (Aveboim), en Galicia existen cinco centros de pellets que supoñen un 7% da produción nacional e sete centros de produción de estela. En Galicia había, a finais de 2018, 719MW de caldeiras, o que supón preto do 13% nacional.



Ad Code

Responsive Advertisement