Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La "Feira do Cocido", de Lalín, alcanza ya ser "de Interés Turístico Internacional"

“A secretaria de Estado de Turismo vén de anunciarnos que a Feira do Cocido será en breve declarada oficialmente como Festa de Interese Turístico Internacional, a primeira festa gastronómica de España con esta distinción”. Así o vén de comunicar o alcalde de Lalín, José Crespo, na súa intervención en Fitur, na presentación do xeodestino Deza-Tabeirós-GDR Pontevedra, que tivo lugar este mediodía.
Neste sentido Crespo fixo fincapé en que “hai moitas -Festas de Interese Turístico Internacional- Semanas Santas, algunha como a Rapa das Bestas e varias de viños como a de Cambados, pero no que se refiere á  gastronomía só a nosa; por iso somos a primeira”

“Polo tanto sentímonos moi orgullosos dese honor; é un día moi especial de satisfacción para o Concello de Lalín, levamos moitos anos traballando pola internacionalización do Cocido, antes de ser Festa de Interese Turístico Nacional xa estabamos traballando para que fose Internacional; xa hai vinte anos que comezamos, así que temos a satisfacción do deber cumprido e un bo colofón”, remarcou.
Pola súa parte, o conselleiro de Cultura e Turismo, defendeu que “o Cocido de Lalín é máis que un prato de comida, é un elemento de desenvolvemento que xera moita actividade económica e emprego e que tamén identifica a un pobo”, sostivo.

Así mesmo Román Rodríguez destacou o Cocido como “elemento referencial” da gastronomía galega porque a súa influencia “aínda que se celebra só nun concello como tal, chega ao conxunto dos municipios das comarcas e me atrevería a dicir de toda Galicia”. “Hoxe temos unha noticia moi positiva primeiro para Galicia, segundo para Pontevedra Norte e terceiro e moi concreta, para Lalín”, dixo. “A Feira do Cocido de Lalín  vén de dar un paso cualitativo espectacular, vai ser declarada xa Festa de Interese Turístico Internacional”, incidiu.

A distinción de Festa de Interese Turístico Internacional supón o máximo recoñecemento que se pode acadar no eido turístico algo que ata o de agora só conseguiron 11 celebracións en toda a Comunidade galega. Cómpre destacar ademais que a Feira do Cocido de Lalín convértese na primeira festa gastronómica en acadar este recoñecemento en toda España.



Ad Code

Responsive Advertisement