Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo vuelve a estrechar lazos incondicionales entre Galicia y Uruguay

O presidente da Xunta agradeceu a Tabaré Vázquez ter trasladado ao institucional os lazos históricos que unen a galegos e uruguaios e propón a Lacalle incrementar a colaboración aproveitando novas oportunidades comerciais. /  FEIJÓO OFRECE AO PRESIDENTE ELECTO DE URUGUAI O SABER FACER DAS EMPRESAS GALEGAS EN SECTORES CLAVE PARA O PAÍS COMO AS RENOVABLES E AS INFRAESTRUTURAS. //
Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa. //
Salienta que Galicia tamén está a colaborar en materia de infraestruturas, a través do plan de inversións, presentado polo presidente Tabaré Vázquez en 2016, en Santiago. //
Resalta que o investimento anunciado polo Goberno uruguaio en 2018 en materia de estradas pode xerar necesidades de importación de maquinaria e equipos de construción. //
Ambos mandatarios avaliaron tamén as oportunidades en sectores como as TIC ou a automoción 
Valora  o compromiso de Lacalle de visitar Galicia durante o Xacobeo 2021. //

Montevideo - O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe unha reunión co presidente electo de Uruguai, Luis Lacalle Pou, a quen lle trasladou o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas. 
Durante a xuntanza, Feijóo tivo a oportunidade de abordar a situación das frutíferas relacións entre Galicia e Uruguai e constatar que esta relación de amizade e de colaboración leal vaise manter no futuro; unha cuestión de grande importancia tendo en conta que son 40.000 os galegos que viven no país.
Ao respecto, Feijóo recordou que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país latinoamericano está a facer unha forte aposta polas enerxías renovables, especialmente no eido da eólica, a fotovoltaica e a biomasa. E no sector das infraestruturas, a través do plan de inversións, presentado polo presidente Tabaré Vázquez en 2016, en Santiago de Compostela.

Sobre este punto, tivo unha mención especial para as estradas, xa que o investimento anunciado polo Goberno uruguaio en 2018 pode xerar necesidades de importación de maquinaria e equipos de construción; e para o sector ferroviario, que está a vivir un relanzamento tras os investimentos do goberno.
Outro dos sectores avaliados na xuntanza foi o das TIC, para o que o Goberno de Uruguai outorga vantaxes fiscais ás empresas que desenvolvan cadeas de valor TIC; así como o de subministración de bens de equipo tradicionais.
O responsable do Executivo autonómico destacou que as exportacións de Galicia a este país latinoamericano ascenderon a preto de 21 millóns de euros e aumentaron case un 2%, unha cifra que pon de manifesto o interese das empresas galegas polo mercado uruguaio.
En concreto, son as exportacións do sector da automoción as que se consolidaron como o principal produto exportado nos últimos anos, seguidas de máquinas e aparatos mecánicos, mercadorías subministradas a buques, peixes e moluscos, prendas de vestir e conservas. Todos eles produtos con alto valor engadido.

Feijóo e Lacalle abordaron tamén as oportunidades de investimento na Comunidade. Non en van, as exportacións de Uruguai a España ascenderon a 103 millóns de euros en 2018, mentres que as importacións aumentaron ata os 158 millóns.
Logo de subliñar que Galicia conta cunha normativa que favorece o investimento nacional, pero tamén o internacional, cunha Lei de implantación empresarial, que ofrece facilidades para acceder a solo empresarial e vantaxes administrativas e fiscais, o presidente galego incidiu noutras potencialidades existentes entre os dous territorios en sectores como o agroalimentario; o farmacéutico; o forestal, que representa o 4% do PIB de Uruguai e conta con beneficios tributarios á explotación forestal, o que pode supoñer un revulsivo para determinadas empresas galegas; e o naval, un sector no que xa existen importantes precedentes de colaboración.
“Constatamos que en todos estes sectores existe unha grande oferta de calidade de empresas galegas”, dixo, referíndose tamén á colaboración entre a Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai e a Confederación de empresarios de Galicia e de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela e Abanca.
Por último, Feijóo aproveitou o encontro para invitar ao presidente e a todo o país a visitar Galicia e desfrutar do Xacobeo 2021, “do mellor Xacobeo da mellor Galicia”. Unha invitación que foi aceptada por Lacalle, quen se comprometeu a visitar a Comunidade nese Ano Santo.

Feijóo e o presidente electo avaliaron as moitas oportunidades que supón o país, que conta cunha balanza comercial positiva e cunha economía razoablemente saneada. “Estamos a falar tamén dunha excelente porta de entrada de América Latina en Europa e de Europa en América Latina; dun país aberto ao mundo que mantén relacións comerciais privilexiadas coa UE e con Estados Unidos; e que conta cunha lexislación que favorece o investimento nacional e internacional e, sobre todo, que quere seguir crecendo”, dixo o titular da Xunta, facendo fincapé en que tanto Galicia como Uruguai achegan seriedade, estabilidade e certezas.

Encontro co presidente saínte

O responsable do Goberno galego mantivo tamén esta mañá un encontro co presidente saínte, Tabaré Vázquez, a quen agradeceu a cordialidade que sempre estivo presente nas reunións que ambos mantiveron, tanto neste país como en Galicia; así como a súa sensibilidade coa diáspora galega, trasladando ao plano institucional e económico os lazos sociais que unen desde hai décadas a Galicia e Uruguai.






Ad Code

Responsive Advertisement