O apoio
á continuidade da biofábrica de Ence Pontevedra no seu actual
emprazamento non parou de crecer durante os últimos meses. Tal é o
impacto que supoñería o peche da pasteira que diversas empresas quixeron
mostrar o seu apoio lucindo o lazo solidario nas fachadas
das súas sedes.
O emprego que Ence xera ás súas empresas auxiliares supón 2.500 postos de traballo. Metalyset e GrupoNogar en Pontevedra son
algúns exemplos de empresas que quixeron demostrar o seu apoio na continuidade da biofábrica de Lourizán.
GrupoNogar colocou o lazo solidario en todas as súas fachadas e instalacións, pois a vinculación que ten con Ence é de especial
relevancia, xa que Ence exporta a práctica totalidade da súa produción anual a través do porto de Marín. Un tráfico que ascende a preto de 400.000 toneladas anuais e que representou en 2019 o 50% do total da mercadoría
xeral convencional. Cífrase en máis de
100 os buques mercantes por ano que chegan ao Porto de Marín para
cargar pasta de papel, unha actividade que mobiliza 14.000 camións ao
ano e que implica uns 35 postos de traballo directos entre empresas de
estiba portuaria, transportistas, consignataria,
aduanas, tripulacións, a propia factoría, etc.. Unha actividade que
xera importantes ingresos en taxas portuarias á Autoridade Portuaria do Porto de Marín.
O sector forestal é outro dos que se verían directamente prexudicados co peche da biofábrica de Pontevedra. Ence é o principal
cliente das familias galegas produtoras de madeira, cifradas ao redor das 200.000. Diariamente entran nas instalacións de Lourizán 300 camións cargados de madeira, motivo polo que moitos dos condutores decidiron colocar o lazo solidario nos seus vehículos
para que a defensa da permanencia sexa visible nos seus percorridos por toda España.
Grazas á excelente relación que mantén Ence cos seus clientes, empresas como a Papeleira de Brandia, en Santiago de Compostela,
quixéronse sumar á crecente lista de empresas que apoian a continuidade da pasteira. Estas boas relacións son froito do
esforzo que realiza a compañía día a día para ofrecer aos seus clientes
as mellores solucións ás súas necesidades, baseadas na calidade
dos produtos, a capacidade técnica e de servizo da compañía, así como a proximidade ao cliente.
Por
ultimo hai que destacar a aquelas compañías que, sen ter ningunha
vinculación coa biofábrica, quixeron mostrar de igual maneira
o seu apoio á permanencia, ao considerar que o cesamento da actividade
da biofábrica do
seu actual emprazamento supoñería un duro golpe á economía galega. Tal é
o caso de Metalúrxica Covas en Villagarcía ou Vrio Pack en Lugo.
Unha vez máis queda patente que Ence non só son as 400 persoas que compoñen o seu persoal, senón que tamén son os 2.500 empregados
do sector auxiliar, os 2.000 do sector forestal, os 300 transportistas que chegan a Lourizán todos os días e os familiares de todos os anteriormente mencionados.