Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación. Informe sobre PXOM de Mos se convierte en ninguneo al PP y al Concello

O PP esixe na Deputación copia urxente do informe do PXOM de Mos que aínda non recibiu o concello. /// Os medios teñen copia deste informe desde hai unha semana. /// “Unha filtración que, claramente, esconde un interese político, e polo tanto hai que esixir responsabilidades políticas ao respecto”, sinala Cubela. //// “Pasou case unha semana e nin o Concello de Mos nin a Xunta ten o informe. Unha vez máis se demostra que esta casa está dirixida con un claro interese político, a deslealtade é gravísima. Se lle contesta á prensa e non ao concello”, engade Nidia Arévalo.
Deputados provinciais do Partido Popular, acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Árévalo, rexistraron na Deputación de Pontevedra unha solicitude urxente para que o informe solicitado polo Concello de Mos sobre a modificación puntual do PXOM chegue de unha vez por todas ao interesado. O voceiro do grupo, Jorge Cubela, amosa a súa sorpresa porque, despois de case unha semana desde que os xornalistas xa teñen unha copia, o Concello de Mos aínda non o recibiu, a pesar de ser que solicitou o documento á institución provincial. “Unha falta de lealtade absoluta, unha intromisión gravísima na autonomía local, e un claro uso político e partidista desta casa que é intolerable”, denuncia Cubela.

Nesta liña, sinala que "hoxe é 16 de xaneiro e a única información que ten Mos sobre o contido deste informe é a través dos medios de comunicación. Unha filtración que, claramente, esconde un interese político, e polo tanto hai que esixir responsabilidades políticas ao respecto”. Ademais, critica que “se están usando partidariamente os instrumentos desta casa nun procedemento xurídico regrado, como é a modificación puntual do PXOM”. 

Cubela recorda que non é a primeira vez que desde a Deputación de Pontevedra se fai uso partidista desta institución para danar a imaxe do Concello de Mos. “Sen ir máis lonxe, usáronse fondos provinciais para subvencionar acción políticas contra o Concello de Mos, ao pagar en novembro un concerto no que se acusaba á administración local mosense de corrupta e de facer pelotazos urbanísticos”..

“Cremos que non se pode tolerar esta falta de respecto institucional cun concello desta provincia, e menos aínda antepoñer intereses políticos e locais aos da institución”, conclúe.
Pola súa parte, Nidia Arévalo esixe á presidenta da Deputación, Carmela Silva, “respecto para todos os veciños de Mos. Se non sabe o lugar que ocupa, deberá marcharse, pero esta é unha institución provincial que representa a 61 concellos e ten que respectalos. Xa non me atrevo a pedirlle que me tenda a man, porque nunca o fixo, pero como mínimo que respecte ao meu concello”.
“Pasou case unha semana e nin o Concello de Mos nin a Xunta ten o informe. Unha vez máis se demostra que esta casa está dirixida con un  claro interese político, a deslealtade é gravísima. Se lle contesta á prensa e non ao concello”, engade.

Arévalo tamén se referiu ás declaracións de Font, e entende que “como non ten nada que dicir sobre un feito tan grave, o deputado se dedica a falar dos informes. Pero quen é Font para falar dos informes que chegan ao noso concello? Que respecto á autonomía local é esa?”.



Ad Code

Responsive Advertisement