Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Sanidad recomienda mucho cuidado con las posibles intoxicaciones por CO

A CONSELLERÍA DE SANIDADE ALERTA SOBRE O PERIGO DAS POSIBLES INTOXICACIÓNS POR MONÓXIDO DE CARBONO 

Cómpre vixiar a instalación e mantemento dos aparellos de combustión, así coma os seus condutos de ventilación.
Os servizos de urxencias atenden cada ano máis de cen alarmas por posibles intoxicacións por monóxido de carbono.

A Consellería de Sanidade avisa aos cidadáns da importancia de tomar medidas para protexerse de posibles intoxicacións por mor do monóxido de carbono (CO). Cada ano, os servizos de urxencias médicas de Galicia atenden máis dun cento de alarmas por posibles intoxicacións por mor do monóxido de carbono e confírmanse un 25%.  

O monóxido de carbono prodúcese cando se queiman combustibles orgánicos como gas butano ou propano, petróleo, gasóleo, gasolina, queroseno, carbón ou madeira. Todos os aparellos domésticos que queiman combustible, tales coma quentadores de auga a gas, estufas, fogóns ou fornos de cociña de gas e braseiros de leña consumen osíxeno e producen monóxido de carbono. O mesmo sucede coas chemineas, caldeiras e automóbiles e con calquera outro tipo de  motor non eléctrico.

A intoxicación a causa do monóxido de carbono pode ser fatal, xa que respirado en grandes doses pode causar a morte por intoxicación en poucos minutos. As persoas que presentan maior sensibilidade ante a súa exposición son as mulleres embarazadas, os bebés, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que padecen de anemia, problemas do corazón ou respiratorios.

Síntomas de intoxicación
Os síntomas de intoxicación por CO son similares aos dalgunhas enfermidades comúns como a gripe ou as intoxicacións por alimentos en mal estado. En baixas concentracións no aire, o monóxido de carbono pode causar falta de alento, náuseas e mareos lixeiros. Ao incrementar a súa concentración, causa dores de cabeza, mareos e náuseas intensas, confusión mental progresiva chegando a provocar esvaecementos. Se se respira durante un tempo suficiente, pode chegar a ser mortal.

Se unha persoa está nun ambiente pechado, con algún aparello de combustión acendido e nota algún dos síntomas anteriormente descritos é probable que se estea intoxicando por monóxido de carbono. O que ten que facer nesa situación é apagar a fonte de combustión, abrir portas e xanelas e ir a un lugar onde poida respirar aire fresco. A continuación debe poñerse en contacto con Urxencias Sanitarias-061 ou acudir directamente a un centro de urxencias, indicando que poder ter intoxicación por monóxido de carbono para que se tomen axiña as medidas oportunas de diagnóstico e tratamento.

Factores de risco e medidas de prevención
Existen varios  factores externos que permiten detectar o aumento de CO no aire. Por exemplo, nos aparellos a gas, o consumo de osíxeno e a produción de monóxido de carbono aumentan perigosamente cando queiman mal por falla dun mantemento adecuado. Nestes casos, a lapa do queimador faise cada vez máis amarela e menos azul e pódese ver o charrizo no queimador. 

Convén vixiar a instalación e o mantemento adecuado dos aparellos de combustión, tales coma estufas ou quentadores de auga e dos seus condutos de ventilación. Ante calquera sospeita, é necesario que os revise un profesional. Cando se utilicen aparellos de combustión en lugares pechados,  hai que  manter sempre unha ventilación axeitada. Nunca se debe empregar o forno de gas da cociña para quentar unha casa, aínda que sexa por pouco tempo. Tampouco se debe queimar carbón dentro dunha vivenda, nin sequera na cheminea.

Desaconséllase a utilización dun braseiro tradicional de leña na vivenda, pero se é necesario usalo, ten que estar á vista, hai que ventilar frecuentemente a estancia e o braseiro debe ser retirado ou apagado sempre durante as horas de sono. En canto a aos motores de combustible, non deben acenderse en ambientes pechados como galpóns e garaxes. 

Pódese atopar máis información sobre intoxicacións por monóxido de carbono  na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública.





Ad Code

Responsive Advertisement