O Concello de Bueu está activando un plan de mantemento e 
acondicionamento de espazos públicos como os parques, xardíns e prazas. 
Segundo salienta Félix Juncal, alcalde da vila e encargado da área de 
obras e servizos, o obxectivo é anticipar os traballos que se viñan 
facendo coa primavera.
Estas actuacións estanse levando a cabo por parte do persoal municipal e 
co apoio da Asociación Juan XXIII. Así, tras a parada polas festividades 
de Nadal, estase procedendo á rexeneración de xardíns, así como ao 
baldeo da Praza Massó, que se irán estendendo a outros espazos públicos, 
e incrementándose de cara á primavera.
Por outra banda : Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou esta mércores as obras de mellora 
integral que se están levando a cabo na rúa A Pedra, onde se comezaron 
os traballos de asfaltado coa primeira capa. Segundo salientou o 
rexedor, que estivo acompañado polos técnicos municipais e os edís do 
goberno Xosé Leal e Silvia Carballo, a próxima semana procederase a 
botar a segunda capa de rodadura, todo iso a expensas das condicións 
climatolóxicas. Tamén esta semana, previsiblemente se remataría co 
pavimento de formigón no primeiro tramo, o que coincide co acceso á rúa.
