A biofábrica de Ence recibe preto de 600 visitantes durante o ano 2019
0
Comentarios
"A transparencia é unha das bases fundamentais de Ence, é por iso que a
empresa recibe no seu centro cada ano centos de visitantes para
dar a coñecer a actividade levada a cabo nas súas instalacións de
Lourizán", refería onte o director de Ence-Pontevedra.
O
pasado ano a planta recibiu 582 visitas de colectivos interesados en
coñecer de primeira man o proceso
de produción da biofábrica de Pontevedra. Destes case 600 visitantes
386 corresponderon a colexios, 132 a asociacións e 64 a universidades.
As
visitas organizadas semanalmente pola empresa non só corresponden a
grupos locais senón tamén a estranxeiros,
pois o modelo de produción sustentable e de última xeración levado a
cabo na bioplanta de Pontevedra xera un exponencial aumento de
solicitudes de visitas cada ano.
Durante
as visitas, os asistentes coñecen o proceso de produción da biofábrica
de pasta de papel. Comezando
pola transformación da materia prima ata a obtención do produto final a
través dun proceso limpo e sustentable: a pasta de papel.
Ademais
cabe destacar que Ence é a primeira empresa española en xeración
renovable con biomasa agrícola
e forestal e por iso a biofábrica de Pontevedra autoabastecese
enerxeticamente grazas ao aproveitamento dos restos forestais, o que
supón un claro exemplo de economía circular.
O
proceso produtivo de Ence non só cumpre, senón que supera todos os
estándares ambientais. Proba disto
son os diferentes recoñecementos que lle foron outorgados á biofábrica
de Lourizán, como a ecoetiqueta Nordic Swan ou a Distinción de Ouro
da Comisión Europea.
Seguindo esta política de transparencia, a compañía publica diariamente os seus indicadores ambientais
a través da súa páxina web https://ence.es/biofabricas/pontevedra/.