Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

10.000 espectadores y 14 agrupaciones, el domingo, en el Concurso de Rondallas del Área de Vigo

A Xunta impulsa un ano máis o III Concurso de Rondallas da Área de Vigo, un certame que reunirá este domingo no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi) a preto de 10.000 persoas e no que participarán 14 agrupacións dos concellos de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui. Esta tarde participaron na presentación deste evento o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e o representante da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, Serafín Rodríguez.

O titular de Cultura e Turismo destacou o impulso da Xunta a este evento que representa “a vitalidade da cultura tradicional e de base na nosa Comunidade”. Neste sentido, subliñou a importancia destas agrupacións en toda Galicia, especialmente na área de Vigo, o que xustifica a relevancia de apoiar esta celebración, que este ano conta cunha achega por parte do Goberno galego de 40.000 euros.
Román Rodríguez cualificou este concurso, organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, como “unha cita emblemática da nosa cultura” e lembrou que desde os anos 80 sempre existiu un evento no que todas as rondallas da zona competían entre elas e amosaban ao conxunto da sociedade o traballo de todo o ano. Neste sentido, puntualizou que este certame é unha “xornada festiva” que viven con emoción tanto os músicos participantes como o público asistentes.

Agrupacións participantes
O conselleiro de Cultura e Turismo invitou a todos os veciños de Vigo e da súa contorna a acudir este domingo ao Ifevi para poder gozar “dun espectáculo único en Galicia” e que cada ao exerce como escaparate da cultura tradicional na nosa Comunidade. 
Na edición deste ano participarán no III Concurso de Rondallas da Área de Vigo un total de 14 agrupacións, cinco delas da cidade de Vigo (San Mamede de Zamáns, Valladares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo), catro de Mos (Santiaguiño de Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), unha de Gondomar (Nosa Merced de Chaín), unha de Nigrán (Santiago de Parada) e unha de Tui (Pexegueiro de Tui). 

Un momento de la presentación del festival-concurso del domingo que viene


Ad Code

Responsive Advertisement