A biofábrica de Ence en Pontevedra volveu mellorar os seus resultados ambientais nos seis primeiros meses de 2019, avanzando así de forma continua na excelencia do seu comportamento ambiental e no folgado cumprimento da normativa
vixente.
O principal indicador do
seu efluente, a denominada Demanda Química de Osíxeno (DQO), mellorou
nun 87% a normativa europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa. Así mesmo, este indicador
situouse un 64% por debaixo do límite máximo que establece a súa Autorización Ambiental Integrada (AAI).
No relativo aos sólidos en suspensión –outro dos datos cos que se controla a calidade do efluente-, logrouse un resultado un 50% inferior ao límite máximo que marca a AAI e un 76% por debaixo do que especifica
a citada normativa BREF.
Doutra banda, o caudal do efluente de Ence Pontevedra tamén rexistrou unha cifra dun 28% mellor do que establece o seu AAI e un 8% mellor que a obtida por esta biofábrica no mesmo período do ano anterior. O
consumo de auga da planta tamén se reduciu un 12% fronte ao primeiro semestre de 2018.
A calidade ambiental
desta planta vese avalada pola existencia de sete praias co distintivo
de bandeira azul da UE na área da Ría de Pontevedra próxima á
biofábrica. Así mesmo, nesta mesma zona atópanse importantes
bancos de marisqueo.
A actividade desta
industria supón unha contribución á economía circular: a partir da
madeira –materia prima reciclable- fabrícase a pasta de papel, coa que
se elaboran produtos capaces de substituír ao plástico
e a outros materiais que non son reciclables. Ademais, a biofábrica
xera enerxía renovable utilizando para iso biomasa, de tal modo que practicamente se autoabastece enerxeticamente.
A planta, que xera ao redor
de 5.100 postos de traballo, foi distinguida con importantes
recoñecementos internacionais, como a Distinción Ouro da Comisión
Europea pola súa mellora ambiental e a ecoetiqueta
Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos.