Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

¡Qué tempiño...! : hasta la nieve visitará esta noche Galicia...

Día de temporal que así lo explica METEOGALICIA : Un centro de baixas presións atoparase preto de Galicia durante esta xornada, achegando moita inestabilidade. Esta situación deixará un aumento progresivo de nubes con chuvascos, que comezarán pola mañá na metade oeste e que serán probables en calquera punto pola tarde, cando serán ocasionalmente fortes e poderán vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia. A cota de neve situarase arredor dos 1.400 metros á noite. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.



ESTE VIERNES :
Mantense aínda a inestabilidade en Galicia, con aire frío nas capas altas da atmosfera que nos deixará unha xornada de chuvascos máis frecuentes durante a mañá. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, aínda con intervalos fortes a primeiras horas no litoral norte.



Ad Code

Responsive Advertisement