Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá as obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, no Concello de Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá as obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, no Concello de Vigo, cun investimento de máis de 808.000 euros.
A Xunta ten programados os traballos de xeito que se afecte o mínimo posible ao tráfico nos meses de xullo e agosto.
Esta actuación foi adxudicada á empresa Hordescon S.L. e ten un prazo de execución duns oito meses.
Trátase da mellora da seguridade viaria nun treito de 4,5 km da estrada PO-552, entre a intersección coas estradas de Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia, no municipio olívico. 
As obras previstas comprenden a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.
As tarefas inclúen a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300.
Tamén se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, e outra no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade. 
Intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 m anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.

Esta iniciativa está enmarcada na estratexia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas. 




Ad Code

Responsive Advertisement