Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ata 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, en Meiro (Bueu)

O lugar de Meiro (Bueu) acolle do 5 ao 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, unha festa que nace no 1998 coa vocación de recuperar esta variedade de millo negro que se utilizaba no pasado e que se foi perdendo co paso do tempo. Por iso, dende a Asociación Cultural Meiro tomaron a iniciativa e a día de hoxe conseguiron que este encontro gastronómico e cultural sexa un atractivo da terra morracense, como demostra a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Este ano, a programación comezará o venres 5 de abril, ás 18.00 horas cunha Muiñada nos Muíños do Canudo, para o que se contará cun conxuro especial a cargo de “A Pitonisa Felisa”. 
O encontro continuará ao longo da fin de semana na carpa situada na Morada, en Meiro, onde o sábado se abrirá unha Ecotaberna, con exposición e venda de produtos naturais e orgánicos a partir das 11.30 horas. Ás 12 horas, José Suárez Otero, coordinador científico das intervencións arqueolóxicas no Monte do Facho da USC, impartirá unha charla sobre o monte Facho e as actuacións realizadas neste espazo cangués. Ás 14 horas actuarán o grupo de Gaitas Os Liboreiros e o Grupo de Danzas Pais de San Roque.  Pola tarde, a partir das catro, Manuel Paraíso e Sofía Oliveira, da Cofradía Urtiga de Portugal, falarán sobre as potencialidades da ortiga, e a continuación será a quenda de Carlos Piñeiro Menduiña, da Cooperativa Pouso da Serra, quen disertará sobre o aproveitamento sostible dos nosos montes. Ás 18 h continúa a programación cun obradoiro doces con millo corvo a cargo de Merchi Rodal, coñecida por ser a reposteira do programa da TVG Larpeiros; ás 19 h Fermín Fernández, de Algamar, presentará as algas do país como un petisco do mar, e ás 20 h, David Middleton, da AMV-  HYPERLINK "mailto:Amig@s"Amig@s do MorrazoVerde, será quen fale dos viños ingleses tradicionais feitos con froitos e flores colleitados no montes. Xa pola noite se pechará a xornada cunha actuación musical co grupo folk Donicelas, de Salceda de Caselas. 

O domingo ás 11.30, a Asociación de animación sociocultural e turística A Illa dos ratos coordinará un roteiro polos Muíños do Canudo e ás 14 h actuará o grupo tradicional Airiños da Capela. Pola tarde, terá lugar unha presentación das conservas María Tola (que incluirá obradoiro e degustación de Petiscos con Estrugas), un encontro Slow Foog e peche coa actuación do grupo folk vigués Os Carunchos.



Ad Code

Responsive Advertisement