Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP pide a Carmela Silva que defenda aos traballadores de Ence coa mesma intensidade que defendería aos de Citroën, en Vigo

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, pide á presidenta da Deputación de Pontevedra que defenda aos traballadores de Ence coa mesma intensidade que defendería aos de Citroën, na cidade de Vigo. Ademais, lamenta que o Bipartito PSOE-BNG rexeitase hoxe nas comisións informativas incluír na orde do día do pleno provincial do próximo venres unha moción dos populares de apoio aos traballadores directos e indirectos da fábrica de Lourizán.

“Se en lugar de tratase dos traballadores de Ence fosen de Citroën, en Vigo, o trato da presidenta sería o mesmo?”, cuestiona Moldes, que recorda que “a importancia que ten Ence para a comarca de Pontevedra é a mesma que ten Citroën para a de Vigo”. Nesta liña, subliña que o impacto da planta na economía da provincia “é innegable”, ao facer referencia aos 400 empregados directos da fábrica, pero tamén a todos os postos de traballos indirectos que xera a empresa, así como a todas as familias, preto de 80.000, que venden madeira na comunidade galega ou aos centos de transportistas que cada semana pasan pola planta de Lourizán, e mesmo ao plan social que sostén a clubs deportivos, entidades culturais, confrarías... “aos que lles ofrece unha estabilidade económica que evitou, nalgún caso, o seu peche ou desaparición”.
“Por iso lles reclamamos que non teñan complexos para defender estes postos de traballo. Parece que non saben o que significa Ence para as empresas de Pontevedra, e a presidenta debería ter claro cales son os prexuízos que vai ocasionar o peche de Ence para a provincia e, en particular, para esta comarca”, engade.

Ademais, Moldes incide en que “ao PP non nos preocupa a empresa, porque ela abre noutro lugar e os seus directivos van seguir gañando cartos noutro lugar. Estamos preocupados polas persoas ás que vai prexudicar o peche da fábrica, familias de Pontevedra, persoas con nome e apelidos”. 

O que hai que facer, conclúe, é que todas as administracións esixan a Ence que cumpra todos os parámetros medio ambientais.

Ad Code

Responsive Advertisement