Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Habrá una cumbre entre Galicia y Portugal para reforzar relaciones económicas y potenciar sectores productivos

Un momento de la reunión en Lisboa
Galicia e Portugal celebrarán un cumio sobre competitividade da economía e a industria para abordar temas comúns e propoñer novas accións que reforcen as relacións económicas e que se centren nos sectores produtivos de máis importancia a ambos lados da fronteira.
Así o acordaron hoxe nunha xuntanza en Lisboa, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, co ministro Adxunto e da Economía do país veciño, Pedro Siza Vieira. Tamén participou neste encontro a secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes Godinho.
Neste cumio, que terá por obxectivo buscar sinerxías e solucións a retos comúns como a modernización, abordaranse temas de especial relevancia como a industria 4.0, os distintos sectores produtivos na Eurorrexión, os clústers transfronteirizos e a promoción conxunta de empresas da eurorrexión no mercado internacional. 
A maiores de acordar a organización deste cumio, a reunión de hoxe co ministro portugués centrouse principalmente en abordar colaboracións en materia de turismo e Xacobeo, unha prioridade para o Goberno galego ante a proximidade do Ano Santo 2021. 
Unha das principais cuestións abordadas durante o encontro foi avanzar na coordinación nas accións vinculadas co Camiño de Santiago de cara a celebración do Xacobeo de 2021. Este organismo servirá tamén para compartir con Portugal as directrices que se están lavando a cabo en todas as comunidades autónomas polas que pasa a Ruta Xacobea e para coordinar a sinalización dos itinerarios xacobeos no país luso.
Trátase dunha importante colaboración porque o Camiño Portugués é o segundo itinerario máis percorrido, escollido só no pasado ano por preto de 60.000 peregrinos. Ademais, despois da súa declaración como itinerario oficial, o Camiño Portugués da Costa chegou a quintuplicar o número de peregrinos que pasan por el nestes ano e só en 2018 o incremento foi de case o 89%.
Este avance prodúcese só unhas semanas despois de que o goberno de Portugal aprobase o decreto-lei do Camiño de Santiago para intentar regular as numerosas iniciativas de camiños xacobeos en Portugal establecendo os criterios para lograr a súa certificación e, por tanto, o seu recoñecemento oficial coa marca Caminho de Santiago certificado. Ábrese así unha nova etapa na xestión do Camiño de Santiago en Portugal e, paralelamente, refórzase un ámbito de colaboración entre Galicia e Portugal.

Programas de cooperación en materia cultural
A reunión cos mandatarios lusos tamén serviu para facer balance, analizar as novidades dos proxectos europeos postos en marcha de forma conxunta por Galicia e Portugal e sentar as bases das tres novas iniciativas que empezarán a funcionar este ano. Actualmente, a nosa comunidade conta con Portugal como socia dos proxectos: WHAOH! Route e Creative Loci iacobi.
A estes sumaranse as tres novas iniciativas que comezarán este ano ao amparo dos fondos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Trátase de Fazendo Caminho, que busca consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión e impulsar o aproveitamento sustentable como recurso patrimonial cultural e natural; EDIT, que se apoia na tecnoloxía para mellorar a xestión turística a ambos lados da fronteira galaico-portuguesa, e Minho Navegable que ten como obxectivo mellorar a navegabilidade na área transfronteriza.

Demografía e infraestruturas
No encontro tamén se trataron outros asuntos de especial importancia, como a loita contra o declive demográfico. Galicia considera que facer fronte ao envellecemento e dispersión da poboación nas zonas fronteirizas debe ser un dos principais eixos de cooperación bilateral co país veciño. Aposta por poñer en marcha, entre ambos países e co apoio europeo, medidas do ámbito social e rexeneración económica destas zonas.
Do mesmo xeito, tamén se avaliou o estado das infraestruturas, un factor capital para Galicia e Portugal a nivel de competitividade e cooperación. Deste xeito, abordáronse temas como a mellora das conexións ferroviarias entre Vigo e Porto e o Corredor Atlántico do Noroeste.

Ministro da Economía
Pedro Siza Vieira é o Ministro Adxunto e da Economía do Goberno portugués. Entre as súas competencias, está a promoción do turismo; a economía o comercio e consumo; a posta en valor do interior; a loita contra o declive demográfico e a dinamización das áreas fronteirizas.



Ad Code

Responsive Advertisement