Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Xunta y Tribunal Superior de Xustiza reclaman al Gobierno central la creación de juzgados de lo Social en Lugo, Vigo y Santiago

- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas, acordaron hoxe de maneira consensuada reclamar ao Goberno central que cumpra coa demanda de dotar con Xulgados do Social en Lugo, Vigo e Santiago de Compostela.

Alfonso Rueda e Miguel Ángel Cadenas participaron hoxe na reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde amosaron a súa sorpresa polo decisión ministerial de non crear estes dous Xulgados na nosa comunidade, e tal e como indicou Alfonso Rueda, cos datos xa definitivos do Consello Xeral do Poder Xudicial de 2018, que non estaban pechados na proposta inicial, queda de manifesto unha vez máis que a xurisdición do Social en Santiago, Lugo e Vigo son os que máis precisan un novo órgano e que polo tanto a súa creación debe ser completamente prioritaria. 

Na última Conferencia Sectorial, Galicia solicitou ao Ministerio de Xustiza a creación de novos xulgados. En resposta a esta solicitude, o Goberno estatal trasladara que Galicia podería contar con tres unidades xudiciais, unha cifra que a Administración Autonómica inda así consideraba insuficiente. Tendo en conta os datos obxectivos de cargas de traballo e pendencia, Xunta e TSXG acordaron priorizar o reforzo dos xulgados do Social, que é a xurisdición con máis carga de traballo. Por iso, solicitaron a creación destes xulgados en Vigo, Lugo e Santiago de Compostela, que a Xunta estaba en disposición de poñer en marcha de inmediato en canto o Ministerio fixera efectiva a súa creación por decreto.


No seo da Comisión Mixta acordouse tamén trasladar ao Ministerio de Xustiza a disposición a poñer en marcha aínda máis unidades xudiciais, a maiores das solicitadas, xa que a Xunta está disposta a asumir outros dous xulgados a maiores dos que lle concedeu o ministerio, polo que se poderían crear antes de que remate 2019, os tres Xulgados do Social e os outros dous que propoñía o Ministerio, que son o de de Primeira Instancia na Coruña e unha praza de maxistrado para a Audiencia Provincial da Coruña.



Ad Code

Responsive Advertisement