miércoles

Presidente de la Xunta advierte que la dinamización demográfica requiere de la implicación de todos. Galicia es la comunidad española con más deducciones en este apartado

O titular da Xunta respondeu hoxe ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara autonómica

FEIJÓO SALIENTA QUE A DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA REQUIRE DA IMPLICACIÓN DE TODOS E AVANZA QUE A FUTURA LEI RECOÑECERÁ CUN SELO ÁS EMPRESAS COMPROMETIDAS COA CONCILIACIÓN, QUE TERÁN PRIORIDADE NAS AXUDAS

Refere que Galicia é a comunidade con máis deducións fiscais de España neste eido; con máis traballadores públicos que se benefician da flexibilidade horaria; ou a primeira autonomía cunha Tarxeta Benvida que beneficia a 40.000 familias

Cuando se presentó para el actual mandato Feijóo ya advirtió de su apuesta
por la dinamización demogràfica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a dinamización demográfica require da implicación de todos e avanzou que a futura lei, cuxa tramitación comezará proximamente no Parlamento, recoñecerá cun selo ás empresas comprometidas coa conciliación e coa familia, que terán prioridade en todas as axudas da Administración autonómica.
Logo de precisar ademais que a Lei de impulso demográfico elevará a texto legal as liñas estratéxicas que acordou por unanimidade o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, Feijóo aseverou que “nunca en Galicia se adoptaron máis medidas a favor da igualdade real e efectiva das mulleres como no Goberno que me honro en presidir”, cun orzamentos en materia de igualdade e conciliación un 114% superior ao do bipartito, pasando dos 54 millóns aos 117 millóns de euros actuais; “o máis alto da historia da comunidade”.

A maior aposta pola igualdade
“Somos a comunidade con máis deducións fiscais de España; con máis traballadores públicos que se benefician da flexibilidade horaria -11.000-; que incrementou por primeira vez e con máis intensidade os permisos por maternidade –de 22 a 24 semanas; a primeira autonomía cunha Tarxeta Benvida que, cun orzamento de máis de 33 millóns de euros, beneficia a 40.000 familias; e somos a Administración autonómica con máis recursos de conciliación da historia da Comunidade, con 24.000 prazas públicas de gardería, o dobre que hai dez anos”, abundou.
Durante a súa intervención, Feijóo aseverou que, se ben aínda quedan moitas cousas por facer, “tamén somos conscientes de que estamos avanzando”. Así, lembrou que nunca houbo tantas mulleres afiliadas á Seguridade Social como agora: 480.462; o salario medio das mulleres galegas medrou, desde 2008, case un 10%, sendo Galicia a segunda autonomía de España onde máis medrou; a taxa de paro feminino na comunidade é 3,5 puntos inferior á media do Estado; 8 de cada 10 galegas traballan a xornada completa e 7 de cada 10 ten un contrato indefinido.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, o responsable do Executivo autonómico aseverou que a Xunta seguirá traballando de forma transversal, como o ten feito ata agora e como proban numerosas iniciativas, entre as que destacan: a Comisión interdepartamental para a igualdade; a Comisión asesora de publicidade non sexista; o Consello galego das mulleres; o Observatorio galego da violencia de xénero; o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade; ou o plan de materias sobre igualdade de libre configuración, co que contan, por primeira vez, os rapaces galegos.

Así mesmo, referiuse á posta en marcha doutras iniciativas como a constitución da rede de entidades locais contra a violencia de xénero; e á personación da Xunta nos procedementos penais abertos en caso de morte por causa de violencia de xénero.