Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Catro atletas galegos e galegas nos Campionatos de Europa de pista cuberta

No día de onte o seleccionador nacional, co visto bó do Director Deportivo, faría pública a
selección dos 45 atletas que tomarán parte no vindeiro Campionato de Europa de atletismo
que terá por esciario o Arena Commonwealth da cidade escocesa de Glasgow do 1 ó 3 de
marzo
A esta lista acuden un total de dúas atletas galegas, un galego, así como un xuíz
acompañante que formarán parte da expedición oficial cuxa saida está prevista se realice o
27 de febreiro.
Ana Peleteiro quen tomará parte no concurso de triplo, é a que parte con máis serias
posibilidades de acadar un podio no seu concurso xa que os seus 13.51 m. sitúana entre as
claras aspirantes. Lembramos que a saltadora riveirense xa acadara o ano pasado os
bronces tanto nos mundiais de pista cuberta de Birmingham, como nos europeos ó aire libre
de Berlín.
Os 1.500 é a proba que conta con dobre representación galega ca presenza tanto Adrián
Ben como Solange Pereira os cales estarán na saida da proba raiña do medio fondo. A
esta cita o lucense acude nun estado de forma excepcioal que faría que acadara un
formidable décimo posto no Campionato de Europa de campo a través, así como os rexistros
de 1:48.18 nos 800 m. e os 3:42.25 sobre os 1.500 m. ambos récords de galegos Sub23. O
seu obxectivo será acumular experiencia na alta compitición e tentar rebaixar a súa MMP .
Solange Pereira con dez internacionalidades xa coñoce o que é a alta compitición, acudindo
a este campionato co título de campioa de europa de campo a través por relevos do pasado
decembro en Tilburg e ca marca de 4:10.89 nos 1.500. A súa última actuación nuns europeos
de pista cuberta foi no 2017 en Belgrado onde sería cuarta nas series semifináis con 4:15.09
sendo un dos seus obxectivos a mellora desa actuación.
Por último pontevedrés Eloy Bretal tamén acudirá o Campionato de Europa como xuíz
acompañante da expedición oficial. Este xuíz de Nivel III, que xa actuara nos XX.OO de
Barcelona-92 é o actual Presidente do Comité Galego de Xuices.



Ad Code

Responsive Advertisement