Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Atletismo. Sábado para el espectáculo de los lanzamientos, en el antiguo Estadio de la Juventud, en Pontevedra

Destacada participación no Galego de lanzamentos longos.
Casi un cento de atletas tomarán parte este sábado nas Pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10.00 horas no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16, Sub18 e Sub20.
A presenza de casi todos os lanzadores e lanzadoras que se atopan en postos destacados do ranking
nacional, vai posibilitar a presenza dun gran espectáculo deportivo na que se agardan importantes
rexistros.
Por citar a algúnhas das máis importantes atletas que se darán cita, contaremos ca participación
de Ivanna Carolina Román do Ria Ferrol que se atopa de primeira no ranking nacional de xavelina
Sub20 con 40.56 m ó igual que Antía Sestelo do Ría Ferrol que encabeza claramente a súa categoría
Sub18 con 45.07 m. Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco Sub16 con 48.98 m. e Irene Gómez do
A.F. Celta con 59.70 m. en martelo, serán outros dos líderes do ranking nacional quenes estarán
presentes en Pontevedra.
En canto ó resto de actuacións, salientar a Marta Neira do AVA quen tomará parte no martelo logo de
acreditar 41.05 m. que a sitúan de 2ª no ranking nacional Sub16; Nicolás García do R.C.Celta en disco con 52.91 m. (3ºRN Sub20) Eric Méndez do R.C. Celta en martelo con 61.47 m. (3º RN Sub18); María Pena de A Silva en xavelina con 40.64 m. (4ª RN Sub18); Yago Araujo do R.C.Celta en martelo con 60.70 m. (4º RN Sub20); Ainara Alejandre do ADAS Proinor con 39.56 m. (5ªRN Sub16) en martelo.
Campionato de Galicia escolar de campo a través
Noutro aspecto, o concello ourensán de Pereiro de Aguiar dará acollida ó Campionato de Galicia de
Campo a Través na que tomarán parte preto de catrocentos escolares clasificados nos sectores previos
provinciais.
A cita será este sábado a partir das 11.30 horas no circuito de Monterrei


Ad Code

Responsive Advertisement