Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Temporal costero y alerta naranja para alegrar las zonas de mar de Galicia

 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta mesma tarde e que afectará a todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará esta tarde no litoral oeste e noroeste  da Coruña e Lugo. Durante a madrugada do mércores, estenderase ao suroeste da Coruña e Pontevedra. En todos os casos, agárdase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 7 metros.

Por mor do temporal costeiro que afectará a todo o litoral,  aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.

É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotores, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.


 Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Ad Code

Responsive Advertisement