Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas como área de rehabilitación integral tras a recente aprobación do Plan reitor de uso e xestión deste espazo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa de Consello da Xunta a declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas como área de rehabilitación integral tras a recente aprobación do Plan reitor de uso e xestión deste espazo.
A este respecto, subliñou que é a primeira vez que se declara unha área de rehabilitación con carácter insular e a segunda ocasión na que ten carácter supramunicipal, e en consecuencia, será xestionada directamente polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, tal e como acontece na ARI dos Camiños de Santiago. Incluirá, engadiu, os arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, abranguendo por tanto catro municipios distintos, Vigo, Bueu, Vilagarcía e Ribeira.

O presidente da Xunta explicou que a adopción desta decisión permitirá paliar a situación na que se atopan as vivendas da zona, “manifestamente mellorables”, asegurou, e os problemas de accesibilidade e déficit de equipamentos públicos que existen. Así, dixo, cando se oficialice esta declaración habilitaranse axudas públicas tanto para rehabilitación de vivendas como para actuacións de urbanización e reurbanizacións.

As axudas da área de rehabilitación, precisou, destinaranse preferentemente a inmobles de vivendas que deberán ter uso residencial na actualidade ou despois da súa rehabilitación. Mentres que, no caso das actuacións de urbanización e reurbanización, as axudas dirixiranse a mellorar a accesibilidade e as instalacións en xeral.

Ademais, incidiu, como ocorre co resto das ARI, ambas as subvencións serán financiadas cos fondos propios da Administración galega e os fondos procedentes do Plan estatal de vivenda, para o cal Xunta e Ministerio deberán asinar un acordo de colaboración.

Feijóo avanzou que, unha vez feitos todos os trámites, a previsión que manexa o IGVS é poder dispoñer das axudas a partir do mes de abril. Un paso máis no compromiso co parque e no compromiso coa rehabilitación, sentenciou.

“Este é un paso máis no noso compromiso co Parque Nacional das Illas Atlánticas, e tamén un paso máis no noso compromiso coa rehabilitación”, aseverou, lembrando que Galicia conta hoxe con 69 ARIs en 41 municipios, ademais da ARI do Camiño de Santiago que afecta a un total de 107 concellos, o que supón que 128 vilas galegas conten xa con algunha ARI. 


Para rematar, o presidente da Xunta destacou que o custe estimado da rehabilitación da totalidade das 136 vivendas existentes nas Illas Atlánticas –a Illa de Ons é a que máis vivendas ten- é de aproximadamente 10 millóns de euros, tendo en conta os límites das axudas da Administración pública, que non poden superar o 50% do custe, con límite de 16.000 euros en rehabilitación e 30.000 euros en renovacións. 

Ad Code

Responsive Advertisement