Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

«Sería un inmenso erro que pola relaxación social volvamos a ter brotes ou rebrotes..."

Compareció este domingo ante los periodistas el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Fue preguntado por muy diferentes cuestiones. Sus respuestas a algunas de ellas,  se recogen en el resumen que sigue. 

Rechazó categóricamente el hipotético riesgo de un corralito en España. «No creo que España, bajo el euro y el BCE, tenga esa posibilidad. No ocurrió en la crisis financiera pese a las preferentes y la quiebra de las cajas de ahorro, y no creo que tengamos ese problema en el futuro, las autoridades europeas no se pueden permitir que le ocurra a la cuarta economía europea. Lo que sí veo es una importante crisis económica y social y esa debe de ser nuestra prioridad».

Preguntado sobre la posibilidad de salir del dichoso estado de alarma :  «le trasladé a Sánchez que si en Galicia seguimos como estamos, Galicia sería candidata a eliminar el estado de alarma, resguardándonos de ciudadanos que entren de lugares con situaciones epidemiológicas peores y que asumiríamos la restricción de aforos. El ofrecimieto del presidente ha sido explícito, aunque no ha concretado nada más. Dijo que sería según la condición epidemiológica de cada territorio. Eso es lo más sensato».
«Se o Goberno acepta suprimir o estado de alarma empezaremos unha vida novedosa pero cos efectos secundarios da pandemia, e deberemos evitar os riscos de rebrote que poidan xurdir en outono», apunta Feijoo
«Hoy ya no estamos en la situación del 15 de marzo, estamos en una situación epiodemiológica mejor y más preparados y los ciudadanos tienen que ir recuperando los derechos y las administraciones nuestras competencias», resalta Feijoo, que apuesta por abandonar el estado de alarma en dos semanas. 
«El propio presidente Sánchez nos comunció que en los próximos días varias comunidades autónomas podrán salir del estado de alamra, y le dije que a partir del 7 de junio, cuando finalice la fase 2, me gustaría que Galicia saliera», afirma el líder autónomico : «Plantearíamos una movilidad dentro del estado de alarma con independencia de que hubiese cautelas y con independencia de que el Gobierno gallego establezca límites de aforo. Esto es un futurible pero nuestra opinión es que entendemos que en Galicia no serían necesarias las restricciones de movilidad».

Inevitable hablar de las elecciones autonómicas. «En julio habrá mucho movimiento en España y hay riesgo porque habrá mucha gente en la calle. Hemos pedido al Gobierno que colaborase para faciltar esa consulta con el papel primordial de Correos. El presidente Sánchez dijo que podemos contar con toda esa colaboración óptima y espero que las eleccines se puedan celebrar de manera óptima», explicó el presidente de la Xunta.

El escándalo del pacto entre el PSOE y Bildu en estos días pasados tampoco quedó sin comentario de Núñez Feijóo : «Non podemos compartir o pacto con Bildu, non é un partido de Estado, xa ten dito que non lle interesa como lle vaia a España. Sorprendéronos as manifestacións do Gobierno, que tivo que pactar con Bildu porque o PP non apoiou o estado de alarma. Moi orgulloso o presidente e os seus ministros e o PSOE non poden estar cando lle votan a culpa ao PP. O da reforma laboral total, non o cre nin o máis fervente socialista, porque hai moitos que non estan de acordo. Preocúpanos e preocupalle a calquera cidadán responsable».

Preocupación por el mundo de la Enseñanza. Afirma el presidente de la Xunta que están «pendentes dunha conferencia pola apertura dos colexios, que incidiría en preparar o inicio do curso académico, e o resto hai que centrarse na recuperación económica: Ertes e paro son o obxectivo das vindeiras semanas».

Feijoo asegura que alertó a Sánchez de la importancia de crear un protocolo para gestionar la situación ante posibles rebrotes: «A partir de xullo España poderá recibir turismo estranxeiro. Pero non temos ningún protocolo de rebrote ou brote, pensamos que o Goberno debería ter unha folla de ruta e compartila. O Sergas ten un plan de rebrote, pero debería ser único porque a orixe dos países dos turistas é decisión exclusiva do Goberno central».

El ingreso mínimo vital fue otro asunto analizado por Feijóo :  «pouco sabemos do ingreso mínmo vital e do reparto dos 16.000 millóns de euros para as comunidades autónomas. No ingreso mínimo que se vai aprobar en 48 horas non sabemos o seu deseño nin se se vai solapar coa Risga e se van convivir os dous sistemas. Dado que xestionamos os Servizos Sociais deberíamos coñecelo. E tamén os criterios de reparto dos 16.000 millóns. O goberno di unha primeira entrega en xullo, outra en setembro e outra a fin de ano».

No faltó el análisis sobre los planes de ocupación en las playas este verano. Feijoo asegura que el planteamiento para determinar los aforos de las playas «está pensado para o Mediterráneo, e non Cantábrico ou Atlántico. Os seis metros sobre a liña de pleamar, supón na práctica vetar os areais de Galicia. Se se ten en conta os seis metros de pleamar, moitos areais non se van poder utilizar, unha cousa é o aforo en pleamar e outra en baixamar».

Ya hacia el final, un recordatorio : «Debemos seguir sendo responsables», afirma el presidente de la Xunta, que cree que «sería un inmenso erro que pola relaxación social volvamos a ter brotes ou rebrotes que supondrían unha situación económica todavía máis grave da que estamos a vivir».

Feijoo finalmente, sobre "la desescalada" reconoce que «hai aspectos que se poden mellorar: volvemos a insistir e persistir na mobilidade interna dentro de Galicia, insitimos na mobilidade entre provincias». «Que se reconsidere que nas zonas limítrofes non ten sentido volver a utilizar un trazo que designa no século XIX para xestionar unha pandemia na terceira década do XXI... Difícil de explicar que se poidan ver dez amigos e non á familia».

El presidente de la Xunta como resumen reconoce que la pandemia en Galicia cuenta «cada vez con menor intensidade. estamos nunha curva continua descendente. Cada vez menos cirucla o virus pola nosa comunidade autónoma». Feijoo indica que «303 concellos non teñen contaxios nos últimos dous días e en 252 non apareceron nos últimos 14 días». Afirma que solo «no 1 % do total de camas están ingresados pacientes do covid». «O pase de fase non se traduciu en empeoramento, ao contrario, estamos mellor. Iso significa que mañá podemos empezar unha nova etapa, a fase 2, grazas á anticipación dos servicios sanitarios de Galicia e o esforzo colectivo do pobo galego».
-----------------------------------

O titular do Goberno galego mantivo hoxe a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos
FEIJÓO INSISTE EN QUE SE PERMITA A MOBILIDADE ENTRE AS CATRO PROVINCIAS GALEGAS
“Debería estar autorizada desde xa para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos”, precisa

No tocante ao desfrute das praias, pide aclarar as medidas publicadas no BOE, especialmente no que ten que ver coa fixación de 6 metros sobre a liña de preamar, unha limitación que non ten en conta as especificidades dos areais galegos

Lamenta o pouco que se sabe do plan do Executivo central sobre o Ingreso Mínimo Vital e o reparto do fondo de 16.000 M€ que se transferirán ás comunidades

Despois de que o Goberno de España anunciase que nos próximos días varias comunidades poderán saír do estado de alarma, traslada a vontade de que Galicia sexa unha delas


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, insistiu hoxe novamente na petición de que se permita a mobilidade entre as catro provincias galegas. Durante a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou que a mobilidade provincial “debería estar autorizada desde xa, en todo caso, para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos”.

“E tamén entendemos que se debe permitir aos estudantes ir a recoller as súas pertenzas aos pisos ou residencias que están nunha provincia distinta á dos seus domicilios”, engadiu, lembrando que estas cuestións é algo que hai semanas que pide a Xunta.

“É difícil explicar que se poida ver a dez amigos na provincia pero fillos e pais, netos e avós non poidan verse por estar en cidades de provincias distintas, cunha situación epidemiolóxica igual e, polo tanto, sen risco para poder ir dunha á outra”, abundou.

Ademais da mobilidade, o titular da Xunta referiuse tamén a unha aclaración no tocante ao desfrute das praias, autorizado a partir da fase 2. Ao respecto, pediu aclarar as medidas publicadas no BOE, especialmente no que ten que ver coa fixación de 6 metros sobre a liña de preamar, unha limitación que non ten en conta as especificidades dos areais galegos, con moitas diferenzas entre preamar e baixamar.

Feijóo incidiu na necesidade de modificar este aspecto canto antes, ademais de alertar sobre a falla de planificación por parte do Goberno central a medio e longo prazo. Neste sentido, e ante a posibilidade de que a partir do mes de xullo España poida recibir turismo estranxeiro, trasladou a necesidade de contar cun protocolo ou cunha folla de ruta única a seguir para afrontar un posible rebrote.

En relación á situación social e económica, o responsable do Goberno galego lamentou o pouco que se sabe sobre o plan do Executivo central sobre o Ingreso Mínimo Vital e o reparto do fondo de 16.000 millóns de euros que se transferirán ás comunidades.

“Sobre o Ingreso Mínimo Vital, e pese a que se vai aprobar supostamente o martes, non sabemos cal é o seu deseño, nin se se vai solapar coa Renda de Integración Social de Galicia (Risga)”, expuxo, reiterando a necesidade de que este mesmo mes se coñezan os criterios de reparto dos 16.000 millóns; “é dicir, coñecer que cantidade de diñeiro nos corresponde para poder xestionar programas de recuperación económica e social”, precisou.
Por último, e despois de que o Goberno central anunciase que nos próximos días varias comunidades autónomas poderán saír do estado de alarma, o presidente da Xunta trasladou a vontade de que Galicia sexa unha delas.




 
click siempre en imágenes para ver a mayor tamaño


Ad Code

Responsive Advertisement