SonDaRúa é un grupo de rap galego, creado en Ponteareas no 2016, formado por Hugo Guezeta, Álex Arnoso e That Bass DJ.
O seu estilo resúmese en rap desenfadado con bastante contido instrumental, transmitindo bo rollo mais cun trasfondo maioritariamente reivindicativo, de crítica social e política.
O seu estilo resúmese en rap desenfadado con bastante contido instrumental, transmitindo bo rollo mais cun trasfondo maioritariamente reivindicativo, de crítica social e política.
SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con Eterno Combate (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP Liberando mentes (2018).
O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass
como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da
ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero
combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e
política.
Xa dispoñible en todas as plataformas dixitais.
Eterno Combate, o disco
Trátase dun LP de 12 cortes no que poderemos gozar das colaboracións de Skandalo GZ, Navia Rivas e Ezetaerre. Ademais, e mantendo a liña habitual de SonDaRúa, Eterno Combate
é un disco do máis ecléctico no que teñen cabida unha morea de estilos
musicais; dende o rap clásico ao máis puro estilo 90’s, pasando polo
ska, o rock e chegando aos sons máis característicos do reggae.
No referente á parte instumental de Eterno Combate, o maior peso da produción recaeu en Álex Arnoso, membro do grupo. Sen embargo, Eterno Combate conta coa participación de distintos artistas do nivel de Peter Petrowski (Ezetaerre), un habitual nos traballos de SonDaRúa, That Bass, actual DJ da banda, quen tamén aportou o seu gran de area musical neste LP, ou Javier Vicalo, produtor da canción que dá nome ao disco nos estudos The Dub Yard. Destaca tamén o gran traballo realizado por Félix Cebreiro en Quela Records, tanto na mestura e masterización dos temas como nos arranxos musicais do disco.
Aínda que a banda non perde en ningún momento a súa esencia subversiva e reivindicativa, en Eterno Combate
poderemos atopar temáticas moi diversas entre as distintas cancións que
conforman o disco, así como rítmicas e instrumentais cheas de calidade e
frescura.
O disco edítase baixo a discográfica de PlayPlan.
SonDaRúa |
Social Plugin