Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación. Silva exhorta a la Banca a que espabile

A Deputación de Pontevedra, trasladou nas últimas horas ás entidades financeiras a súa solicitude de que axilicen ao máximo a resposta administrativa e de xestión para garantir rapidez a todas as solucións que poidan destinar aos sectores produtivos, “a fin de que a saída da crise sexa o menos gravosa posible para empresas e familias”.

Nunha carta remitida ás entidades, a presidenta provincial, Carmela Silva, recolle as demandas das familias, a hostalería e a hospedería, o comercio, as persoas autónomas ou as empresas grandes ou pequenas, “que están a sufrir como nunca unha situación de asfixia económica”. “Todos os sectores produtivos, sinala Silva, recoñecen abertamente as súas dificultades para xestionar as súas necesidades de carácter económico e financeiro, e a sociedade necesita respostas contundentes das administracións públicas, pero tamén das entidades  socio económicas do país”.


Por elo, a presidenta provincial, que recoñece a sensibilidade que as entidades financeiras están a demostrar en relación a crise provocada polo COVID19,  expresa a necesidade de que haxa unha máxima axilidade na xestión das solucións que necesitan as familias e as empresas. “Todas as persoas que pertencemos a ámbitos con responsabilidade pública e privada sabemos que este é un momento de demostrar non so a nosa empatía, di Carmela Silva, senón de articular medidas para que a saída de pandemia sexa sostible e equilibrada”. “O valor das persoas enténdese ante as adversidades, remata, confío en que unamos forzas como sociedade”.

Carmela Silva

Ad Code

Responsive Advertisement