Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Debido a crise sanitaria, The Wild aprázase -de momento- ata setembro

O festival sostible e multidisciplinar The Wild, que ía celebrarse do 26 ao 28 de xuño en San Miguel de Oia, en Vigo, terá lugar, se a situación o permite, os días 4, 5 e 6 de setembro
Do mesmo xeito, a carreira de obstáculos The Wild Race, prevista para o 28 de xuño trasládase ao 6 de setembro.

Dende a dirección do festival sostible e multidisciplinar The Wild, confirman que, debido a crise sanitaria polo Covid-19, o certame trasládase ao 4, 5 e 6 de setembro.
Así, o equipo de The Wild afirma que “a decisión tómase en relación a emerxencia sanitaria polo coronavirus, xa que non poderiamos garantir a normal celebración do evento nin a seguridade e o benestar do público e participantes” e engade que “con esta nova data confiamos e traballamos coa esperanza de que a normalización social que tanto ansiamos, sexa por entón, efectiva. Non obstante seguimos atentamente a evolución dos acontecementos e estamos en contacto coas institucións locais e autoridades sanitarias para adecuarnos a calquera escenario”.
Polo momento, o certame está a traballar na reorganización das diversas actividades e agradece a todos os colaboradores, institucións, participantes e, en definitiva, a todos os que fan posible a celebración de The Wild o apoio recibido para que o festival se poida levar a cabo. Neste sentido, a carreira de obstáculos The Wild Race, que tiña prevista a súa celebración o 28 de xuño no parque forestal de San Miguel de Oia, trasládase ao 6 de setembro.
Finalmente, tamén queren mostrar o seu cariño e apoio ás persoas que se viron afectadas pola crise sanitaria actual e aos colectivos que seguen día a día traballando para que a situación se solucione. Neste contexto, recordan o importante que é seguir as recomendacións e indicacións das autoridades competentes co fin de recuperar a normalidade canto antes.

THE WILD FEST
Na súa primeira edición, que tivo lugar do 28 ao 30 de xuño en San Miguel de Oia, acudiron máis dun millar de persoas co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.
Na vindeira edición The Wild buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.




Ad Code

Responsive Advertisement