Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Nueva iluminación interior hará aún más atractiva la catedral de Santiago

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nova iluminación do interior da Catedral de Santiago, xunto á súa rehabilitación integral, contribuirá a celebrar o Xacobeo da mellor Galicia.

Durante a sinatura do convenio entre o director da Fundación Iberdrola España, Ramón Castresana, e o Deán-presidente do Cabildo da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, Feijóo resaltou a importancia deste proxecto que permitirá unha reformulación completa da iluminación interior, enxalzando o seu patrimonio –como a tumba do Apóstolo ou Pórtico da Gloria- e atendendo, ao mesmo tempo, ao aforro e a eficiencia enerxética.

“A partir de agora verase o esplendor, a riqueza e o valor arquitectónico e artístico de todos os recunchos da Catedral, de todas as xoias que a conforman”, dixo, incidindo na importancia do papel dos patrocinadores e precisando que esta actuación “fundamental”, de preto de 1 millón de euros, levarase a cabo neste 2020 e co obxectivo de que para a próxima Semana Santa estean rematadas a maioría das intervencións.

Co fin de celebrar un Xacobeo descentralizado, que afecte a toda Galicia, Feijóo recordou que desde a Xunta tense posto en marcha un Plan estratéxico que se materializa, entre outras iniciativas, nun plan de albergues que reforzará a hospitalidade; nun plan de sinalización, que facilitará a orientación dos camiñantes; nun plan de embelecemento que combaterá o feísmo e permitirá maior harmonía coa paisaxe; nun plan de mantemento dos máis de mil quilómetros de Camiño que ten a Comunidade; e nun plan de recuperación de bens de interese cultural, plantexado ao Goberno central. 

Así mesmo, os orzamentos do 2020 destinarán 82 millóns de euros para a preparación do Ano Santo, “ dun Ano Santo que é espiritualidade e relixión, pero que tamén é benestar, economía e turismo”, dixo.
Feijóo concluíu referíndose ao enorme esforzo, en colaboración coa Fundación Catedral e a Administración do Estado, que supón a rehabilitación integral da Catedral que, cun investimento de 18 millóns en máis de 3 anos de traballo, rematará neste 2020. 

Imagen : Santiago Turismo



Ad Code

Responsive Advertisement