Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Nace ‘A banda de Lombás’: festa, verbena e baile tradicional...

Nace ‘A banda de Lombás’: festa, verbena e baile tradicional sen xénero nin prexuízos. A formación estrea tamén hoxe o vídeo do seu primeiro sinxelo, Vilar do Río, realizado por Seimeira Producións.
A música da Banda de Lombás é festa, é baile, é tradición, é unha posta en valor da música tradicional galega a través da súa riqueza rítmica. Baseándose na sonoridade dos ventos, o seu espectáculo mestura repertorio tradicional galego extraído de gravacións de campo e composicións propias interpretadas cunha formación xenuínamente galega e moitas veces esquecida nos torreiros: a banda.

Ademais da recuperación desta sonoridade pouco lembrada dentro dos cánones da música tradicional, a liberdade é tamén unha das bandeiras principais da Banda de Lombás, que expresan a través do seu vestiario: roupa libre e sen xénero cuns deseños coloridos e intercambiables feitos pola deseñadora catalana Miriam Alemany.
O referente principal que a formación ten sobre as bandas é o das bandas pequenas das aldeas. Despois de ler A lingua das bolboretas, do escritor Manuel Rivas, decidiron que eles tamén querían ser coma os oito músicos do relato que van tocar a Santa Marta de Lombás, un lugar ficticio que quixeron recuperar para darlle nome a este grupo formado por Mario G. Cortizo (percusión e dirección musical), Rober Bao (percusión), Marta Romero (clarinete), Patricia Cadaveira (saxo alto), Helena Otero (saxo tenor), Álex Vázquez (trompeta), Luis Miranda (trombón), Latash (tuba).

Unha mostra da forza acústica 
dos instrumentos das bandas populares
Despois dunha pequena enquisa ante o seu público, pódese dicir que A Banda de Lombás soa a verbena, a vermú, a torreiro, a viño… Utilizando ritmos e técnicas contemporáneas que respectan sempre a estrutura do baile, a banda prepara a todas as persoas asistentes aos seus espectáculos para deixarse levar, para bailar sen prexuízos, e para gozar dunha festa e un repertorio no que os instrumentos son os protagonistas.




Ad Code

Responsive Advertisement